Ibis eremita
Ibis eremita | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Geronticus eremita Linnaeus, 1758 |
O ibis eremita[2] (Geronticus eremita) é unha ave do xénero Geronticus.
Características
[editar | editar a fonte]A lonxitude dun exemplar adulto oscila entre os 70 e 80 centímetros, cunha envergadura que vai dos 120 ós 135 centímetros. Cría colonialmente en zonas semidesérticas, no que abunden as zonas rochosas e habitualmente con algún curso de auga. O niño sitúase en ocos ou covas nalgún acantilado ou sistema rochoso de difícil acceso. Aliméntase de insectos e pequenos vertebrados.
Distribución
[editar | editar a fonte]Trátase dunha das aves máis escasas do planeta. Antigamente tratábase dunha ave estendida por todo o mar Mediterráneo. Era moi coñecida no antigo Exipto, onde tiña un importante valor simbólico. E tense atopado restos desta en varios xacementos paleontolóxicos no leste da Península Ibérica. A súa área de distribución chegou ata os Alpes, de onde desapareceu no século XVIII. Debido a caza e presión humana sobre o seu territorio, a súa poboación foi minguando ata ser engadida na Lista Vermella da UICN coma "en perigo crítico". Actualmente só existen colonias completamente salvaxes desta ave no Marrocos, no Parque Nacional de Souss-Massa e preto da localidade de Tamri. Adicionalmente existen pequenas colonias de animais reintroducidos no sueste de Turquía (os individuos salvaxes déronse por extintos no 1989) e na localidade de Palmira, en Siria.[3] Os exemplares sirios adoitan emigrar e invernar no sur de Arabia e Leste de África. En España, existen uns exemplares en Cádiz, nacidos nun zoo e posteriormente reintroducidos no medio natural, no marco do Proxecto Eremita da Junta de Andalucía. O obxectivo deste proxecto é formar unha colonia viable e estable desta ave.
Avistamento de Galicia
[editar | editar a fonte]O 7 de decembro de 2024 produciuse o primeiro avistamento desta especie en Galicia, na parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello do Rosal. O exemplar viuse no esteiro do Miño, e a súa orixe está un zoo de Halle, en Alemaña. Foi liberado en San Ambrosio (Barbate, Cádiz) en marzo de 2024, dentro dun programa de conservación da especie.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Geronticus eremita". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ La mejora temporada para el ibis eremita en Marruecos. Jorge Fernández. Revista Quercus. Cuaderno 333, novembro de 2013 (en castelán)
- ↑ gciencia.com, ed. (10 de decembro de 2024). "A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción". Consultado o 11 de decembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ibis eremita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán)