Crol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Crol.


O crol[1] (do inglés) é un estilo de natación que consiste en que un dos brazos do nadador móvese no aire coa palma da man cara abaixo disposta a ingresar na auga, e o cóbado relaxado, mentres o o outro brazo avanza baixo a auga. As pernas móvense de acordo ao que nos últimos anos evolucionou como patada oscilante, un movemento alternativo das cadeiras arriba e abaixo coas pernas relaxadas, os pés cara adentro e os dedo en punta. Por cada ciclo completo dos brazos teñen lugar de dúas a oito patadas oscilantes. Neste estilo é moi importante respirar de modo adecuado.

Historia[editar | editar a fonte]

O crol frontal empregouse dende a Antigüidade. No mundo occidental, o crol frontal foi visto por primeira vez nunha competición que se deu cita en Londres en 1844, onde foi nadado por nativos americanos, que gañaron facilmente aos nadadores británicos que usaban o estilo braza. Non obstante, os cabaleiros ingleses consideraron que este estilo, coas súas relativamente grandes salpicadura, era "non británico".

John Arthur Trudgen aprendeu o crol frontal dos yámanas, onas e tehuelches durante unha viaxe a América do Sur nalgún momento entre 1870 e 1890. Non obstante, Trudgen usou por error a patada de tesoira, que era a que máis se usaba en Gran Bretaña para a braza, en lugar da de batido, que era usada polos indios americanos. A este estilo híbrido chamóuselle Trudgen e popularizouse rapidamente pola súa velocidade.

En España foi o nadador Enrique Granados Gal, fillo do famoso compositor Enrique Granados, o deportista que nadaría por primeira vez en este estilo na década de 1920.

O estilo Trudgen foi mellorado por Richard (Fred, Frederick) Cavil, nadador e mestre de natación australiano de procedencia británica. Ao igual que Trudgen observou aos nativos das Illas Salomón usando o crol frontal. Pero a diferenza de Trudgen, observou a patada de batido e estudouna en detalle.

Este estilo orixinal dos indios americanos, foi denominado "crol australiano". En 1950 acortou o seu nome para acabar chamándolle simplemente "crol", aínda que tecnicamente é coñecido como crol frontal e normalmente chámaselle "libre" ou en inglés "freestyle". Este estilo utilízase hoxe en día con modificacións menores.

Velocidade e ergonomía[editar | editar a fonte]

A máxima velocidade de nado que se conseguiu en crol frontal ata o momento foi de 2,39 metros por segundo (uns 8,6 km por hora). As distancia no estilo crol son 50 metros, 100 metros, 200 metros, 400 metros, 800 metros,1500 metros, 3000 metros, sendo a proba máis extensa neste estilo crol ou libre.

A posición do peito permite maior flexibilidade do brazo na auga en comparación con braza, e a recuperación dos brazos por enriba da auga reduce o arrastre, en comparación coa recuperación acuática de braza.

Notas[editar | editar a fonte]