Juan Rivas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Rivas Fernández
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , pintor , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata

Instagram: juanrivasfdz Editar o valor em Wikidata


Juan Rivas, nado en Pontevedra en 1974[1], é un pintor, fotógrafo e docente galego. Reside en Marín e foi profesor de ensino medio en Maside e A Illa de Arousa.

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na Universidade de Vigo, en 1999. Estudou na Universidade de Kingston en Londres, cunha bolsa Erasmus no curso 1996-97). Obtivo tamén a bolsa de pintura do Concello de Mojácar (Almería, 1999). Bolsa Novos Valores (Deputación de Pontevedra, 2005) e Artist in ResidenceKrems an der Donau (Austria, 2009).

Traballos[editar | editar a fonte]

Rivas realiza obras consistentes en debuxar a paisaxe en soportes que formen á súa vez parte da paisaxe, como un poste, farola, pedra, etc. de maneira que unha vez rematado o debuxo, dende ese punto, se poidan ver a paisaxe e o seu debuxo, con técnicas rápidas como pastel, xices, lapis de cores, rotuladores, etc. para captar a luz do momento.[2] Logo ese debuxo é recollido nunha fotografía que á súa vez constitúe a obra que se presenta nas salas de exposición.

Exposicións[editar | editar a fonte]

Entre outras, ten realizado exposicións como: Luz que nunca se apaga Galería Estampa, Madrid e Pazo Torrado de Cambados [3]; Álbum Buzzati Espacio Valverde, Madrid (2015). Paisajes Tuneados Galería Estampa, Madrid (2012). Nö Dokumentationszentrum für Moderne Kunst, St. Pölten, Austria; Share your dreams, Junge kunst aus der EU, Suppan Contemporary, Viena, Austria (2009). Diálogos pictóricos (con Juan Moreno Badía). 2015 e 2020 no Pazo de Cultura de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juan Rivas Fernández". Pintores Gallegos. 
  2. "juan rivas". INÉDITO. 2016-04-12. Consultado o 2022-03-05. 
  3. Cambados, Redacción (2016-03-31). "Juan Rivas expone "Luz que nunca se apaga" en Pazo Torrado". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-03-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]