Saltar ao contido

Coracias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coracias caudata, parque nacional Kruger, Suráfrica.

Coracias é un xénero de aves coraciformes pertencente á familia Coraciidae que habitan no Vello Mundo. Os seus membros emiten un característico canto entrecortado e repetitivo. Todas elas son aves coridas, nas que predominan os tons azuis e castaños, con certa forma de corvo con cabeza grande e pico robusto. As súas patas teñen os dedos frontais exteriores fusionados pola base e o interior libre.

Aliméntanse de insectos e outros pequenos animais. Teñen unha técnica de caza parecida a dos picanzos, esperan quietos pousados nun lugar e lánzanse en picado cara ás presas que pasen.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Coracias foi descrito en 1758 polo naturista sueco Carl Linnaeus na décima edición do seu Systema Naturae.[1] O nome do xénero provén do grego antigo korakías (κορακίας),[2] derivado de korax (κόραξ, ‘corvo’).[3] Aristóteles describiu as coracias como un paxaro grande como un corvo cun peteiro vermello,[4] aínda que algúns cren que se refería á choia.[5] A especie tipo é o gaio azul (Coracias garrulus) designado por George Robert Gray en 1855.[6][7]

As relacións filoxenéticas entre as súas distintas especies foron determinadas nun estudo molecular no ano 2018.[8]

Coracias

C. cyanogaster

C. naevius

C. spatulatus

C. caudatus

C. abyssinicus

C. garrulus

C. benghalensis

C. affinis

C. temminckii

Recoñécense nove especies:[9]

Antigas especies

[editar | editar a fonte]

Noutros tempos algunhas autoridades consideraron as seguintes especies e subespecies como especies do xénero Coracias:

  1. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10th ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 107. 
  2. André Jean François Marie Brochant de Villers; Alexandre Brongniart; Pierre Jean François Turpin (1818). Dictionnaire des sciences naturelles (en francés). Levrault. p. 349. 
  3. Craig, J. (1854). A New Universal, Technological, Etymological, and Pronouncing Dictionary of the English Language. p. 407. 
  4. Camus, A.-G. (1783). Histoire des animaux d'Aristote (en francés). Chez la veuve Desaint. p. 225. 
  5. Greek Word Study Tool
  6. Gray, George Robert (1855). Catalogue of the Genera and Subgenera of Birds Contained in the British Museum. Londres: British Museum. p. 13. 
  7. Peters, James Lee, ed. (1945). Check-List of Birds of the World 5. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 241. 
  8. Johansson, U. S.; Irestedt, M.; Qu, Y.; Ericson, P. G. P. (2018). "Phylogenetic relationships of rollers (Coraciidae) based on complete mitochondrial genomes and fifteen nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 126: 17–22. doi:10.1016/j.ympev.2018.03.030. 
  9. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (Xullo 2021). "Rollers, ground rollers, kingfishers". IOC World Bird List Version 11.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  10. "Oriolus sagittatus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  11. "Oriolus oriolus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  12. "Oriolus xanthornus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  13. "Eurystomus glaucurus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  14. "Eurystomus glaucurus afer - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  15. "Eurystomus orientalis - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  16. "Eurystomus orientalis pacificus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Vídeos en Internet Bird Collection.