Hypnerotomachia Poliphili
Hypnerotomachia Poliphili | |
---|---|
![]() | |
Tipo | obra literaria ![]() |
Forma artística | novela ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | Francesco Colonna (pt) ![]() ![]() |
Tradutores
| |
Temática | |
Tema principal | Alegoría ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Italia ![]() |
Editorial | Aldo Manuzio e Aldine Press (en) ![]() ![]() |
Edicións
| |
[ Wikidata ] |
Soño de Polífilo, ou Hypnerotomachia Poliliphili é unha obra de Francesco Colonna publicada en 1499 que presenta unha misteriosa alegoría arcana na que Poliphilo persegue unha fantasía erótica nunha paisaxe irreal e remata reconciliado co seu amor na Fonte de Venus.

A edición orixinal apareceu en Venecia na imprenta de Aldo Manuzio con importantes xilografías, obra do Mestre do Soño de Polífilo. Constitúe unha verdadeira obra mestra da arte do libro, e obtivo un grande éxito no século XVI e no século XVII, sendo traducido rapidamente a diversas linguas.
Contido
[editar | editar a fonte]O libro conta a historia do mozo Poliphilo que, dentro dun soño, procura a súa amada, a ninfa Polia. Para alcanzar o seu destino, precisa pasar por misteriosos bosques, cidades e labirintos, presenciando todo tipo de escenas bizarras e encontrándose con deuses, ninfas e outros seres mitolóxicos.
Alén da calidade gráfica do libro, é tan célebre polo feito de ser unha das obras máis incomprensíbeis de todos os tempos. Escrito en varias linguas ademais do italiano (latín, grego, hebreo, árabe e xeróglifos exipcios) ao mesmo tempo, a narrativa mestura pesadelos, aventuras, pasaxes eróticas, todo aderezado con comentarios sobre literatura, arquitectura, música etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colonna, Francesco: Sueño de Polífilo, edición e tradución do italiano de Pilar Pedraza; El Acantilado: Barcelona, 1999. ISBN 84-95359-05-7
- Cruz, Esteban Alejandro (2006), Re-discovering Antiquity Through the Dreams of Poliphilus, Trafford Publishing, Oxford. ISBN 1-4120-5324-2. (en inglés)
- Fierz-David, Linda (1947), Der Liebestraum des Poliphilo. Ein Beitrag zur Psychologie der Renaissance und der Moderne, Rhein-Verlag, Zürich.
- Kretzulesco-Quaranta, Emanuela (1996 (2ª edición 2005)), Los jardines del sueño. Polifilo y la mística del Renacimiento. Ediciones Siruela: Madrid. ISBN 84-7844-909-4.