Pesadelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O pesadelo, de Henry Fuseli, describe un demo (incubus) tendido no peito dunha muller mentres durmía, c. 1802.

O pesadelo é unha parasomnia que ten lugar durante a fase REM (movementos oculares rápidos) do soño.

Características[editar | editar a fonte]

Caracterízanse por despertares repetidos durante o período de soño maior ou en sestas diúrnas provocadas por soños extremadamente terroríficos e prolongados que deixan lembranzas vívidas, xa que no seu contido acostuma haber ameazas á propia supervivencia, seguridade e autoestima. Os despertares acostuman ocorrer na segunda metade do período de soño.

Ao espertar do soño terrorífico, a persoa recupera rapidamente o seu estado de vixilia e orientación, a diferenza dos terrores nocturnos.