Hotel Ruanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hotel Rwanda")
Hotel Ruanda
Título orixinal Hotel Rwanda
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Terry George
Produtor A. Kitman Ho
Terry George
Guión Keir Pearson
Terry George
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Don Cheadle
Sophie Okonedo
Nick Nolte
Joaquin Phoenix
Música Andrea Guerra
Rupert Gregson-Williams
Afro Celt Sound System
Fotografía Robert Fraisse
Montaxe Naomi Geraghty
Estudio Lions Gate Entertainment
United Artists
Distribuidor United Artists
Lions Gate Entertainment
Ano Flag of the United States.svg 22 de decembro de 2004
Galicia 27 de abril de 2008 (TVG)
Duración 121 minutos
País Reino Unido Reino Unido
Suráfrica Suráfrica
Estados Unidos de América Estados Unidos
Italia Italia
Xénero Histórica
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Hotel Ruanda (na versión orixinal Hotel Rwuanda) é un filme dirixido Terry George baseado no xenocidio de Ruanda, centrándose no que fixo Paul Rusesabagina. Estreouse en galego na TVG o 27 de abril de 2008.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Pouco despois de os hutus e tutsis asinaran un acordo de paz no Hotel Des Mille Collines en Kigali, hotel que rexenta Paul Rusesabagina (Don Cheadle) e que é propiedade duns empresarios belgas, os soldados hutus comezan a instigar aos seus para que erradiquen aos tutsis.

Paul Rusesabagina é hutu, mais a súa muller Tatiana (Sophie Okonedo) é tutsi, como moito dos seus veciños, e vainos intentar salvar meténdoos no hotel do que é encargado.

Tralo asasinato do presidente ruandés, comezan as matanzas indiscriminadas de tutsis a mans dos soldados e cidadáns hutus. Mediante subornos, Paul logrará asegurar a máis dun millar de tutsis no hotel, esperando a que chegue axuda internacional, mais só contará coa axuda do coronel Oliver (Nick Nolte). A única intervención internacional que existiu foi para evacuar a persoas que tiñan nacionalidade europea.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hotel Ruanda na TVG". Diario Siglo XXI. 15 de abril de 2011. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20080425200138. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]