Hospital do Rebullón
Hospital do Rebullón | |
---|---|
![]() Vista do edificio principal coa recepción á dereita | |
Coordenadas | 42°12′13″N 8°39′46″O / 42.20361111, -8.66277778Coordenadas: 42°12′13″N 8°39′46″O / 42.20361111, -8.66277778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Hospital do Rebullón foi un centro psiquiátrico de titularidade pública. É o único dos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que non se atopa nesta cidade senón no lugar do Rebullón, pertencente á parroquia de Tameiga, no concello veciño de Mos.
Historia[editar | editar a fonte]
O 14 de xullo de 1929 celebrouse o acto de colocación da primeira pedra do edificio das colonias escolares de Vigo, unha colonia de verán para nenos pobres, baixo patrocinio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a iniciativa do concelleiro socialista e futuro alcalde Emilio Martínez Garrido. O edificio inaugurouse o 13 de xullo de 1930 e durou como colonia ata agosto de 1936, cando pasou a mans do exército. Despois o edificio foi utilizado polo Padroado Nacional Antituberculose.
Despois, a iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra, pasou a ser centro de internamento psiquiátrico. Na década de 1990, seguindo as disposicións da Ley General de Sanidad de 1986, o hospital integrouse no SERGAS. O 19 de xaneiro de 2016 cesou a súa actividade asistencial[1], que pasou ao Hospital Nicolás Peña. Mantivéronse os outros servizos que se atopan nas súas dependencias.
Estrutura[editar | editar a fonte]
Os cambios na forma en que se trataba aos pacientes psiquiátricos e a creación de unidades de saúde mental nos hospitais do Meixoeiro e Xeral determinou que o edificio fose quedando case baleiro. Deste xeito as dependencias foron ocupadas por distintos servizos:
- Edificio principal, adicado á hospitalización e tratamento de enfermos psiquiátricos.
- Base de ambulancia do 061.
- Dependencias e COGAMI (atención á discapacidade).
- Arquivo xeral de historias clínicas do CHUVI.
- Almacéns.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Rebullón arranca con el traslado". Faro de Vigo (en castelán). 19 de xaneiro de 2016..
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "El Rebullón, de psiquiátrico a almacén" La Voz de Galicia, 24/1/2016 (en castelán).