Himeneo
Himeneo (en grego antigo Ὑμέναιος), tamén chamado Himen, é un deus da mitoloxía grega, encargado das cerimonias de matrimonio, inspirador das festas e as cancións. Himeneo é tamén un xénero de poesía lírica grega cantada durante a procesión da noiva á casa do noivo, na que se apelaba ao deus, en contraste co epitalamio, que se cantaba no limiar nupcial.
Himeneo asistía aos connubios, e cando non o facía o matrimonio resultaría desastroso, polo que os gregos corrían vivamente gritando o seu nome. Presidiu moitas das vodas dos mitos gregos, incluídas as de todas as deidades e os seus descendentes.
Himeneo era celebrado na antiga canción matrimonial de orixe descoñecida Hymen o Hymenae, Hymen recollida por Caio Valerio Catulo[1] Os termos «himno» e «himen» proceden desta celebración.[2]
Orixes
[editar | editar a fonte]Himeneo era o fillo de Baco/Dioniso e de Venus/Afrodita. Noutras tradicións era fillo de Apolo e unha das Musas. Outras historias danlle unha orixe lendaria. Nun dos fragmentos conservados do Catálogo de mulleres atribuído a Hesíodo dise que Magnes «tivo un fillo de extraordinaria beleza, Himeneo. E cando Apolo viu o rapaz namorou del e non abandonou a casa de Magnes»[3]. Porén, segundo a Suda, o eraste de Himeneo foi Tamiris.
A paz de Aristófanes termina con Trixeo e o Coro cantando a canción nupcial, co retrouso «¡Oh Himen! ¡Oh Himeneo!»[4] típico para unha canción deste tipo.[2]
Representación
[editar | editar a fonte]Polo menos desde o renacemento italiano, Himeneo adoita ser representado na arte como un home novo levando unha grilanda de flores e sostendo un facho acendido nunha man.
Fontes
[editar | editar a fonte]Himeneo aparece mencionado na Ilíada de Homero, na descrición da forxa do escudo de Aquiles:
Alí representou tamén dúas cidades de homes dotados de palabra. Nunha celebrábanse vodas e festíns: as noivas saían dos seus cuartos e eran acompañadas pola cidade á luz de fachos acendidos, oíanse repetidos cantos de himeneo, mozos danzantes formaban círculos, dentro dos cales soaban frautas e cítaras, e as matronas admiraban o espectáculo desde os vestíbulos das casas.Ilíada XVIII. 490
Outras fontes clásicas son:
- Ovidio, Heroidas VI, 44; XXI, 157; As metamorfoses I, 480; IX, 796;
- Virxilio, Eneida I, 651; IV, 99; IV, 127.
- Catulo, poema LXII.
Aparece tamén na obra de Safo:
Alta debe ser a cámara —
Himeneo!
Facédea alta, construtores!
Un noivo ven —
Himeneo!
Como o propio deus da guerra, o máis alto dos altos!
E é mencionado tamén en dúas obras de William Shakespeare: A tempestade e Como gustedes, onde se une ás parejas ao final:
Himeneo poboa a cidade:
Honrade todo casamento.
Honra e prez, gloria sen par
a Himeneo, deus da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catullus Arquivado 30 de maio de 2010 en Wayback Machine., en Religio Romana.
- ↑ 2,0 2,1 Encyclopaedia Britannica, hymen
- ↑ OMACL: Hesiod, the Homeric Hymns and Homerica: Marriage of Ceyx to Doubtful fragments Arquivado 05 de decembro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Peace Arquivado 01 de decembro de 2005 en Wayback Machine., libreto do drama de Aristófanes (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- P. Maas, «Hymenaios» REF 9 (1916) páx. 130-34.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Himeneo |