Hileo (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado para Ovidio: Metamorfosis (1518)

Hileo, na mitoloxía grega, foi un dos heroes participantes na cacería do Xabaril de Calidón, un xabaril de gran tamaño e forza que devastaba as terras de Calidón e acababa co gando e coa xente. Mandouno a deusa Artemisa como castigo ó rei de Calidón, Eneo, porque esqueceu incluíla nun sacrificio que ofrecera ós deuses olímpicos cos primeiros froitos colleitados nunha anada de abundancia.

Para acabar co animal, Eneo chamou a diferentes heroes da Hélade e prometeu a súa pel a aquel que conseguira darlle morte. O chamamento reuniu a numerosos heroes e guerreiros de toda Grecia, entre os que se incluía Meleagro (o fillo de Eneo), Cástor e Pólux, Teseo, Xasón, Ificles, Atalanta e moitos outros.

Hileo tamén formaba parte da partida, áinda que morreu ó comezo da caza, xunto a Anceo, fillo de Licurgo.

"Cando tiñan rodeado o xabaril, Hileo e Anceo morreron a mans da fera e Peleo feriu coa xavelina, sen querer, a Euritión".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 8, 2)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]