Saltar ao contido

Heyneke Meyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeyneke Meyer
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Mbombela, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pretória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby , rugby union coach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata

Heyneke Meyer, nado o 6 de outubro de 1967 en Nelspruit, é un adestrador surafricano de rugby, campión do Super 14 en 2007 cos Bulls e seleccionador dos Springboks entre 2012 e 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Heineke Meyer comezou a súa carreira como adestrador en 1998 dirixindo ós SWD Eagles na Currie Cup. En 1999 traballou como axudante do seleccionador Nick Mallett durante a Copa do Mundo, e a continuación pasou a ocupar o posto de adestrador dos Blue Bulls na Currie Cup e dos Bulls no Super 12. Os Blue Bulls gañaron a Currie Cup en 2002, 2003 e 2004 con Meyer como adestrador. O nivel competitivo dos Bulls tamén medrou, chegando a disputar a semifinais nas tempadas 2005 e 2006.[1]

En 2007 os Bulls chegaron por primeira vez a unha final do Super 14. A final disputouse en Durban contra os Sharks. O resultado da final foi 19-20 a prol dos Bulls, que se converteron na primeira franquía surafricana campioa do Super 14. Despois dese triunfo Meyer foi considerado para substituír a Jake White á fronte dos Springboks, pero finalmente o elixido foi Peter de Villiers, quen levaba varios anos adestrando á selección júnior.

En xuño de 2008 Meyer foi anunciado como novo adestrador dos Leicester Tigers da Premiership inglesa, [2] cargo ó que renunciou en xaneiro de 2009 por motivos de saúde nuns familiares.[3] Trala súa volta a Pretoria levou a cabo labores administrativas nos Bulls.

En xaneiro de 2012 foi elixido por unanimidade como novo seleccionador nacional de Suráfrica[4] en substitución de Peter de Villiers, e asinou un contrato de catro anos. En decembro de 2015 foi anunciado o remate do ciclo de Heyneke Meyer á fronte da selección de Suráfrica[5] con saldo dun 66 % de partidos gañados e un terceiro posto na Copa do Mundo. En abril de 2018 foi anunciada a contratación de Heyneke Meyer polo club Stade Français de París.[6] Na súa primeira tempada o club rematou nun discreto oitavo posto na clasificación. En decembro de 2019 foi anunciada renuncia de Meyer como adestrador do Stade Français por mor dos malos resultados[7] trala derrota no derbi de París cando o equipo ocupaba a última posición na liga.

  1. Heyneke Meyer profile Arquivado 11 de agosto de 2024 en Wayback Machine., na páxina web de ESPN. (en inglés)
  2. Heyneke Meyer is named head coach, na páxina web dos Leicester Tigers (en inglés)
  3. Statement on head coach Heyneke Meyer, na páxina web dos Leicester Tigers. (en inglés)
  4. Heyneke Meyer offially appointed Bok head coach, na páxina web do xornal Rugby World. (en inglés)
  5. Heyneke Meyer steps down as South Africa coach Arquivado 11 de agosto de 2024 en Wayback Machine., na páxina web de ESPN. (en inglés)
  6. Meyer: “Le Stade Français deviendra l’un des plus grands clubs du monde”, no portal da web francesa especializada Rugbyrama. (en francés)
  7. Heyneke Meyer leaves Stade Français with immediate effect, na páxina web de Sky Sports. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]