Herba de Nosa Señora
Herba de Nosa Señora | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Artemisia vulgaris L. |
A herba de Nosa Señora ou artemisa menor[1] (Artemisia vulgaris) é unha especie de planta da familia das asteráceas do xénero Artemisia. É autóctona de Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta perennifolia herbácea de 1 a 2 m (raramente 2,5 m), con raíces lígneas. As follas de 5 a 20 cm de lonxitude, verde moi escuras, pinnadas, con pelos brancos densos tomentosos no envés. O talo ten unha titura vermella purpúrea. As flores son miúdas (5 mm de longo) son radialmente simétricas con moitos pétalos amarelos ou vermellos escuras. Ten numerosos e angostos capítulos (testas florais), ábrense en panículas tipo acios. Florea de xullo a setembro no hemisferio boreal.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É nativa de áreas temperadas de Europa, Asia, norte de África, espallándose hoxe por América do Norte onde é considerada unha herba ruín. Medra moi ben en solos nitroxenados, en especial zonas de breña, mata e terreos ermos.
Usos
[editar | editar a fonte]A herba de Nosa Señora ten tuiona, que é tóxica. Mulleres grávidas, en particular, deben evitar consumir a herba. Actualmente úsase pouco pola súa toxicidade, mais é recordada polo seu uso culinario, medicina herbal, e herba para fumar.
Alimento
[editar | editar a fonte]Follas e gomos ben esmagados antes da floración de xullo, usábanse para un axente saborizante amargo para carne graxa e peixe. En Alemaña, usábase para perús, especialmente para os azacotados para o Nadal. Usábase en Corea e no Xapón para tortas de arroz festivas, dándolles unha cor averdada. Na Idade Media a artemisa era parte da mestura de herbas gruit, para dar sabor á cervexa antes da introdución do lúpulo.
Propiedades medicinais
[editar | editar a fonte]As propiedades medicinais da herba de Nosa Señora foran descubertas polas poboacións das zonas semiáridas e temperadas, onde medran espontaneamente. No texto grego de Dioscórides, cítase a artemisa como remedio contra os verme internos. Os indios de Novo México a Colombia utilizan variedades análogas para sandar a bronquite e o arrefriados. Aínda hoxe en día os chineses meten nas ventas do nariz unha folla desta herba envolta para a epistaxe (hemorraxia nasal).
No vello folclore xermánico muggiwurti significa "planta das moscas", facendo referencia ao seu uso desde tempos antigos para repeler insectos.[2]
A planta ten óleos volátiles (cineola, ou aceite de artemisa, tuiona), flavonoides, triterpenos, derivados da cumarina. Mastigando as follas axúdase á fadiga e estimula o sistema nervioso. Úsase coma antihelmíntico, aínda que é máis forte a especie irmá Artemisia absinthium.
Emprégábase coma menciña tradicional chinesa pulverizado, torrrado e recomposto a xeito dunha forma chamada moxa. A moxibustión de artemisa incrementa o posicionamento cefálico de fetos que viñan de nádegas antes do tratamento. Como causa contraccións uterinas, tense usado para causar abortos.
Etnografía
[editar | editar a fonte]En Galiza considérase herba máxica, por iso emprégase ás veces coma unha das herbas de San Xoán para preparar a auga máxica. Estas crenzas remóntanse polo menos á Idade Media, onde a herba de Nosa Señora usábase coma herba protectora máxica. Tamén para repeler insectos, especialmente bolboretas nas hortas. E en épocas máis remotas como remedio contra o cansazo e para protexer os viaxantes contra maos espíritos e animais bravos. Os soldados romanos puñan a planta dentro das sandalias para protexer os pés da fadiga.
Empregouse moito na bruxaría e meigaría porque se dicía que inducía aos soños lúcidos e ás viaxes astrais. Fumar, ou consumir da planta, ou cunha tintura, antes de durmir, incrementaría a intensidade do soño, o nivel de control, e axudar a lembrar ao espertar. Unha mata de artemisa seca debaixo do traveseiro cumpría o mesmo efecto.
Incompatibilidades con medicamentos
[editar | editar a fonte]Existen medicamentos cos que esta planta interactúa de xeito negativo. Como é o caso do Almobran[3] para o tratamento das xaquecas, e dalgúns medicamentos retrovirais para o tratamento do VIH.
Fumado
[editar | editar a fonte]A artemisa ten un recendo aromático. A xente pobre usábaa, ás veces mesturada con outras herbas, coma substituto do tabaco. Tense fumado mesturado ou substituíndo a marihuana, porque xera soños evocativos en estado de conciencia.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Artemisia vulgaris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 848. 1753.[5]
Hai dúas teorías sobor da etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Ártemis, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes para sandar, especialmente das gravideces e os paristallos . Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois de que o soberano finase. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e en medicina.
vulgaris: epíteto latino que significa "vulgar, común".[6]
- Absinthium spicatum (Wulfen ex Jacq.) Baumg.
- Artemisia affinis Hassk.
- Artemisia coarctata Forselles
- Artemisia javanica Pamp.
- Artemisia officinalis Gaterau
- Artemisia opulenta Pamp.
- Artemisia vulgaris subsp. coarctata (Fors ex Besser) Ameljcz.
- Artemisia vulgaris var. coarctica Besser[7]
Nome común
[editar | editar a fonte]Artemisa: variedades dialectais: artemisa menor, artemixa, artemexón, artumixe , entremisa, ortimixa, artemise, artemisia, artimixe.[8] Ademais recibe os nomes de herba de Nosa Señora, herba do rato, herba madroa e de herba de santa María.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galegos preferidos en diferentes fontes - Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Lust, J. (2005) "The Herb Book" p.604
- ↑ "ALMOGRAN". vademecum.es (en castelán). 3 de decembro de 2010. Archived from the original on 24 de novembro de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2023.
- ↑ "Patent for alternative cigarette". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 01 de xullo de 2013.
- ↑ "Herba de Nosa Señora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de noviembre de 2012.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Herba de Nosa Señora en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
- ↑ http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=artemisa&tipo_busca=lema
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
- Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
- Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Compositae. Part V.: 1–343. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba de Nosa Señora |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba de Nosa Señora |