Henry de Lumley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry de Lumley
HdL.jpg
Nacemento14 de agosto de 1934
Lugar de nacementoMarsella
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Thiers e Facultade de Ciencias de París
Ocupaciónarqueólogo, prehistoriador, paleoantropólogo e professeur des universités
CónxuxeMarie-Antoinette de Lumley
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, Grand Officer of the National Order of Merit, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Officer of the Order of Saint-Charles, Order of the Rising Sun, 3rd class, Commander of the Order of Cultural Merit, comendador da Lexión de Honor e Oficial da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Henry de Lumley (ou Henry de Lumley-Woodyear) é un historiador francés, especialista en Prehistoria nado en Marsella o 14 de agosto de 1934.

Biografía[editar | editar a fonte]

Henry de Lumley é un persoeiro importante do estudo da Prehistoria en Francia e marcou os progresos desta ciencia nese país en particular grazas ás pescudas realizadas baixo a súa dirección en Terra Amata e na Cova de Lazaret (Alpes Marítimos), ao igual ca en Aragó onde descobre o home de Tautavel (Pireneos Orientais) en 1971. Tamén participou no estudo dos gravados rupestres protohistóricos do Val das Marabillas, nos Alpes.

Doutorado en Ciencias pola Universidade de París, entre 1955 e 1980 seguiu as súas pescudas en Marsella no seo do CNRS ata acadar o grao de director de investigación. Creou un equipo de investigación na Universidade de Provenza dedicado ao estudo da xeoloxía do Cuaternario e da Prehistoria e dos homínidos fósiles.

Foi nomeado profesor no Museo Nacional de Historia Natural de París en 1980, do que foi director entre 1994 e 1999 e do que agora é profesor emérito.

É director do laboratorio de prehistoria do Museo do Home e do Instituto de Paleontoloxía Humana de París. Entre 1994 e 1999 foi director do Museo Nacional de Historia Natural. Actualmente é membro do Institut de France (Academia Francesa das Ciencias).

Fundador da Asociación Mundial de Paleontoloxía Humana, afiliada á UNESCO, dirixiu máis de 200 escavacións arqueolóxicas e participou na construción de seis museos de prehistoria en Francia (Terra Amata, Tautavel, Eyzies de Tayac, Menton, Tende e Quinson). Segue en activo participando en proxectos de escavación internacionais na Asia Central, na China e en Etiopía. Un dos seus proxectos actuais é o estudo das ferramentas máis antigas da humanidade, de hai 2’7 millóns de anos, en Kada Gona (Etiopía) e na construción dun museo da evolución do home en Adís Abeba.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Le Paléolithique inférieur et moyen du Midi méditerranéen dans son cadre géologique 1969.
  • Une cabane acheuléenne dans la Grotte du Lazaret, 1969.
  • Le Mont Bégo, 1992.
  • Le grandiose et le sacré, 1995.
  • L’Homme premier, 1998.
  • Le sol d’occupation acheuléen de l’unité archéostratigraphique UA 25 de la grotte du Lazaret, 2004.