Henry Koster
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Hermann Julius Kosterlitz 1 de maio de 1905 Berlín, Alemaña |
Morte | 21 de setembro de 1988 (83 anos) Camarillo, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | - 1967 |
Familia | |
Cónxuxe | Peggy Moran (1942–1988) |
Irmáns | Hans Walter Kosterlitz |
Premios | |
|
Hermann Kosterlitz, nado en Berlín (Alemaña) o 1 de maio de 1905 e finado en Camarillo (California) o 21 de setembro de 1988 foi un director de cinema de orixe alemá que traballou nos Estados Unidos, coñecido como Henry Koster.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Koster naceu en Berlín, fillo dun vendedor que abandonou o fogar cando o seu fillo aínda era novo. Entrou no mundo do cinema sobre 1910 cando o seu tío abriu un dos primeiros cines de Berlín. A nai de Koster tocaba o piano para acompañar os filmes mentres o seu fillo os vía.
Koster rematou o instituto en Berlín mentres traballaba como escritor de relatos e debuxante e despois foi contratado por unha compañía cinematográfica como guionista, pasando logo a ser axudante do director Curtis Bernhardt. Un día que Bernhardt caeu enfermo pediulle a Koster que o substituíse.
Koster tivo problemas pola súa orixe xudía e sabía que tiña que marchar. Tras perder os nervios un día marchou directamente á estación e colleu un tren a Francia, onde volveu ser contratado por Bernhardt, que marchara con anterioridade. Pasou logo a Budapest, onde coñeceu e casou con Kato Kiraly en 1934. Dous anos despois conseguiu un contrato para traballar con Universal Pictures en Hollywood. Aínda que non falaba inglés, o estudio convenceuno para dirixir Three Smart Girls, con Deanna Durbin. O filme foi un éxito e evitou a bancarrota da Universal.
Nun club nocturno de Nova York descubriu a Abbott and Costello e convenceu á Universal para contratalos. O seu primeiro filme foi One Night in the Tropics. A protagonista feminina, Peggy Moran, converteuse na segunda esposa de Koster en 1942. Cando casaron prometeulle que estaría en todos os seus filmes. Fíxoo, mais cunha estatua dela.
Durante a segunda guerra mundial Koster foi considerado un inimigo infiltrado a pesar da súa fuxida da Alemaña nazi e tivo que quedar na casa, recibindo as visitas de Charles Laughton, co que xogaba ao xadrez.
A súa carreira trala guerra foi tamén afortunada: foi candidato ao Oscar ao mellor director por The Bishop's Wife (1947); dirixiu o éxito de James Stewart Harvey (1950) e o primeiro filme estadounidense de Richard Burton, My Cousin Rachel. En 1953 foi o director de The Robe, primeiro filme en CinemaScope.
Retirouse en 1965 e dedicou o resto da súa vida á pintura.
Filmografía seleccionada
[editar | editar a fonte]Guionista
[editar | editar a fonte]- The Great Opportunity (1925)
- Orphan of Lowood (1926)
- Prinz Louis Ferdinand (1927)
- The Last Fort (1928)
- Diary of a Coquette (1929)
- The Last Company (1930)
- Who Takes Love Seriously? (1931)
- The Rebel (1932)
- Five from the Jazz Band (1932)
- The Tunnel (1933)
- The Weaker Sex (1933)
- Polish Blood (1934)
Director
[editar | editar a fonte]- Thea Roland (1932)
- Peter (1934)
- Little Mother (1935)
- Catherine the Last (1936)
- Three Smart Girls (1936)
- One Hundred Men and a Girl (1937)
- The Rage of Paris (1938)
- The Affairs of Maupassant (1938)
- Three Smart Girls Grow Up (1939)
- First Love (1939)
- Spring Parade (1940)
- It Started with Eve (1941)
- Between Us Girls (1942)
- Music for Millions (1944)
- Two Sisters from Boston (1946)
- The Unfinished Dance (1947)
- The Bishop's Wife (1947)
- The Luck of the Irish (1948)
- Come to the Stable (1949)
- O inspector xeral (1949)
- Wabash Avenue (1950)
- My Blue Heaven (1950)
- Harvey (1950)
- No Highway in the Sky (1951)
- Mr. Belvedere Rings the Bell (1951)
- Elopement (1951)
- Stars and Stripes Forever (1952)
- My Cousin Rachel (1952)
- The Robe (1953)
- Désirée (1954)
- A Man Called Peter (1955)
- The Virgin Queen (1955)
- Good Morning, Miss Dove (1955)
- D-Day the Sixth of June (1956)
- The Power and the Prize (1956)
- My Man Godfrey (1957)
- Fräulein (1958)
- The Naked Maja (1958)
- The Story of Ruth (1960)
- Flower Drum Song (1961)
- Mr. Hobbs Takes a Vacation (1962)
- Take Her, She's Mine (1963)
- Dear Brigitte (1965)
- The Singing Nun (1966)