CinemaScope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O CinemaScope é unha serie de lentes anamórficas empregadas para rodar filmes en pantalla grande entre 1953 e 1967. A súa creación polo presidente da 20th Century-Fox Spyros Skouras,[1] marcou o comezo dos formatos anamórficos modernos.

Orixes[editar | editar a fonte]

O inventor francés Henri Chrétien desenvolveu e patentou un noveo proceso de filmación que chamou Anamorphoscope en 1926. Este foi o proceso que máis tarde formaría a base para o CinemaScope.

Na década de 1950 o público dos cines diminuíra a causa da chegada da televisión. En 1952 lanzáronse o Cinerama e os primeiros filmes en 3D desafiaron a tendencia e lograron éxitos. Esto levou a Spyros Skouras, da 20th Century-Fox, que a innovación técnica podían facer fronte ao desafío.[2] A compañía óptica Bausch & Lomb foi a elixida para producir un prototipo. O filme The Robe foi o primeiro en ser filmado coa nova tecnoloxía.

O filme da Walt Disney Lady and the Tramp (1955) foi o primeiro de animación estreado en CinemaScope.

O proceso foi substituído por Panavision, creado a finais de 1953.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chrissochoidis, Ilias (Ed.) (2013). CinemaScope: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Stanford. 
  2. Chrissochoidis, Ilias (Ed.) (2013). Spyros P. Skouras, Memoirs (1893-1953). Stanford. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CinemaScope Modificar a ligazón no Wikidata