Charles Laughton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Laughton
Charles Laughton en 1940
Nome completoCharles Laughton
Nacemento1 de xullo de 1899
LugarScarborough, Inglaterra
Falecemento15 de decembro de 1962
LugarOs Ánxeles
Causacancro de ril
SoterradoForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeReino Unido e Estados Unidos de América
Relixiónateísmo
Educado enRoyal Academy of Dramatic Art e Scarborough College
Cónxuxe(s)Elsa Lanchester
ProfesiónActor, director, guionista e produtor de cine e de teatro.
Na rede
http://charleslaughton.freeservers.com/main.htm
IMDB: nm0001452 Allocine: 1062 Rottentomatoes: celebrity/charles_laughton Allmovie: p98862 TCM: 109397 TV.com: people/charles-laughton IBDB: 9812
Musicbrainz: 75a45262-8e8d-4eb6-bc30-207fbf6d9644 Discogs: 433281 WikiTree: Laughton-207 Find a Grave: 606 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charles Laughton, nado en Scarborough (Yorkshire, Inglaterra) o 1 de xullo de 1899 e finado nos Os Ánxeles (California) o 15 de decembro de 1962, foi un actor, guionista, produtor e director de cine e de teatro británico nacionalizado estadounidense. Billy Wilder dixo del que era o máis grande de todos os actores[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laughton salientou sobre todo pola súa actividade como actor, que o levou a conseguir un Oscar ó mellor actor en 1934 pola súa interpretación do rei inglés Henrique VIII no filme The private life of Henry VIII (A vida privada de Henrique VIII, en tradución literal ao galego), dirixido por Alexander Korda. Era coñecido pola súa intensa aplicación no traballo, xa que consideraba o exercicio da actuación non coma unha profesión, senón coma unha arte creativa á altura da música ou da literatura.

Principiou a súa carreira no teatro, onde debutou en 1913 da man de Charles Hawtrey. A súa incursión no mundo do cine non chegaría ata 1928, participando dende aquela, só como actor, en máis de 50 películas, entre as que cómpre salientar, ademais da xa citada, Mutiny on the Bounty (1935; Rebelión a bordo), I, Claudius (1937; Eu, Claudio), Jamaica Inn (1939) ou Spartacus (1960).

Como director só asinou unha película, A noite do cazador (1954).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Claqueta.es". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]