Constanza de Arles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Constanza de Arles
Constancie z Provence.jpg
Nacemento27 de marzo de 974
 Arles
Falecemento25 de xullo de 1032
 Melun
SoterradaBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónreina consort de França
PaiGuilherme I, Conde da Provença e William III, Count of Toulouse
NaiAdelaide-Blanche of Anjou
CónxuxeRoberto II de Francia
FillosHedwig of France, Countess of Nevers, Hugo II de Francia, Henrique I de Francia, Adela de França e Roberto I de Borgoña
IrmánsOdile de Provence, Ermengarde, Countess of Auvergne, William III, Count of Toulouse, Guilherme II, Conde da Provença, Pons de Gévaudan, Étienne de Gévaudan, sen etiquetar e Raymond III of Toulouse
editar datos en Wikidata ]

Constanza de Arles ou de Provenza, nada en 986 e finada en Melun en 1032, foi infanta de Provenza e raíña consorte de Francia (1003 - 1031).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Filla do conde Guillerme I de Provenza e da súa muller Adelaida de Anjou.

Matrimonios e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou con Roberto II de Francia en 1003 e converteuse na súa terceira esposa. Desta unión naceron:

Terceiro matrimonio de Roberto II[editar | editar a fonte]

Constanza de Arles converteuse na terceira esposa do rei francés despois de que este repudiase as dúas anteriores. En canto á primeira, Susana de Italia, fora un enlace preparado polo pai de Roberto, Hugo Capeto, con fins políticos. A segunda, Berta de Borgoña, converteuse no gran amor do rei, pero dous feitos fixeron que a repudiase: a excomuñón que lle fixo a Santa Sé por mor do alto grao de parentesco entre os dous esposos e pola esterilidade de Berta, que xa era maior cando casou con Roberto II.

Constanza de Arles non foi ben acollida na corte francesa debido ás súas intrigas e crueldades; así, fixo varias acusacións de herexía contra diversos nobres da Corte.

Á morte do rei Roberto II, Constanza tentou en van facer rei ao seu fillo Roberto I de Borgoña ao trono en detrimento de Henrique I. Finalmente obtivo para o seu amado fillo o ducado de Borgoña.

Constanza de Arles morreu en Melun o 25 de xullo de 1032, un ano despois do seu marido, e foi enterrada na catedral de Saint-Denis.