Sexismundo II Augusto de Polonia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de agosto de 1520 Cracovia |
| Morte | 7 de xullo de 1572 Knyszyn |
| Lugar de sepultura | catedral de Wawel |
| Rei de Polonia | |
| 20 de febreiro de 1530 (Gregoriano) – 7 de xullo de 1572 (Gregoriano) | |
| Actividade | |
| Ocupación | estadista |
| Outro | |
| Título | Rei de Polonia Lista de monarcas da Lituânia (pt) |
| Familia | Dinastia Jaguelônica (pt) |
| Cónxuxe | Catarina de Áustria (1553 (Gregoriano)–) Bárbara Radziwiłł (1547 (Gregoriano)–) Isabel de Habsburgo (1543 (Gregoriano)–) |
| Parella | Barbara Gizanka Diana di Cordona |
| Fillos | sen valor Barbara Woroniecka ( |
| Pais | Sigismundo I o Velho |
| Irmáns | Anna Jagiellon Regina Szafraniec Catarina Jagelão Anna Jagiellon Isabela Jagiellon Sofia Jagelão Katharina of Poland, Countess of Montfort Hedvig da Polónia Wojciech Olbracht John Jagiellon |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Sexismundo II Augusto de Polonia (en polaco: Zygmunt II August; en ruteno: Żygimont III Awgust I; en lituano: Žygimantas III Augustas I; en alemán: Sigismund II. August) nado en Cracovia en 1520 e finado en Knyszyn en 1572, foi rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572). Era fillo de Sexismundo I e da princesa Bona Sforza de Milán. Foi o derradeiro da súa dinastía e tras a súa morte, a Unión de Lublin converteuse nunha monarquía electiva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aceptou as reformas da Dieta (1562-1563), base do parlamentarismo polaco. Foi tolerante co calvinismo que se estendeu polo reino. En 1569 proclamou a unión de Polonia e Lituania nunha república común, a República das Dúas Nacións (en polaco Rzeczpospolita Obojga Narodów). A tolerancia relixiosa e o auxe cultural caracterizaron o seu reinado.
Tivo tres esposas:
- Sabela de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.
- Bárbara Radziwiłł.
- Catarina de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.
Con ningún destes matrimonios tivo descendencia; por este motivo, ó morrer, a coroa pasou a ser electiva.
| A Galipedia ten un portal sobre: Polonia |
