Saltar ao contido

Hendiatris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hendiatris (/hɛnˈd.ətrɪs/ hen-DY -ət-riss; do grego antigo ἓν διὰ τρία) é unha figura retórica que se usa para salientar, na que se usan tres palabras para expresar unha idea.[1] [2] As frases "sol, mar e area" e ou "Citius, Altius, Fortius" son exemplos disto.

A divisa tripartita é un lema, eslogan ou frase publicitaria que se emprega nesta forma.

Na ensinanza retórica, estas iteracións tripartitas marcaban o ritmo clásico do estilo de Cicerón, exemplificado polas triples preguntas retóricas na súa primeira Oración Contra Catilina. Hai exemplos notables desde a Antigüidade até a Idade Contemporánea, que inclúen "Life, Liberty and the pursuit of Happiness" ("Vida, liberdade e a busca da felicidade") da Declaración de Independencia dos EUA, os ditos de Xesús Cristo "Via, Veritas, Vita" ("o camiño, a verdade e a vida"), o "Veni, vidi, vici" ("cheguei, vin, vencín") de Xulio César, o lema da República Francesa "Liberté, Egalité, Fraternité" etc.

Pin da época vitoriana de veludo vermello e dourado do Royal Military College of Canada "Truth, Duty, Valour" ("Verdade, deber, valor")

No Canadá, utilízase o lema "paz, orde e bo goberno", orixinalmente atopado na Constitución de Canadá de 1867.

A forma foi tamén empregada de maneira creativa en diferentes contextos, repetindo a palabra tres veces, como os tres requisitos do mercado inmobiliario ("Localización, Localización, Localización") e como Tony Blair expresou as súas prioridades políticas como "educación, educación e educación" ou Julio Anguita "programa, programa, programa".

Outros exemplos son:

  • "Citius, Altius, Fortius" ("Máis rápido, máis alto, máis forte") é o lema olímpico oficial
  • "Fe, esperanza e caridade" (virtudes teolóxicas)
  • "Xogo, set e partido" (usado en deportes con diversos sets, como o tenis ou voleibol)
  • "Ouro, incienso e mirra", os agasallos bíblicos dos Reis Magos
  • "Deus, familia e país" [3]
  • "Deus, nai e pastel de mazá" [4]
  • "Reducir, reutilizar, reciclar"
  • "Sangue, suor e lágrimas", versión breve da expresión "sangue, esforzo, suor e lágrimas" (en inglés blood, toil, tears and sweat) pronunciada por Winston Churchill nun discurso.
  • "Rum, sodomy and the lash", unha caracterización da tradición da Royal Navy atribuída (probabelmente falsamente) a Churchill,[5] utilizada pola banda inglesa The Pogues para o título do seu segundo álbum.[6]
  • " Wine, women and song ", unha frase de Johann Heinrich Voss (1751–1826), e a súa variante moderna "Sexo, drogas e rock'n'roll" (adaptada en múltiples ocasións, como no filme Sex, Lies and Videotape)
  • Women, Fire, and Dangerous Things, un libro do lingüista cognitivo George Lakoff sobre categorización e metáfora
  • "Honor, pride and courage" ("Honor, Orgullo, Coraxe", o lema oficial do equipo de hóckey sobre xeo de Toronto Maple Leafs).[7]

... e moitos outros.

  1. Wilson, Kevin; Wauson, Jennifer (2010-08-04). The AMA Handbook of Business Writing: The Ultimate Guide to Style, Grammar, Punctuation, Usage, Construction and Formatting (en inglés). AMACOM. ISBN 978-0-8144-1590-0. 
  2. Gregory T. Howard, Dictionary of Rhetorical Terms, p. 115
  3. "Americans-dont-cite-god-family-country-quite-like-the-cliche-goes". washingtonpost.com (en inglés). 
  4. "Motherhood and apple pie and mom and apple pie Idiom Definition". grammarist.com (en inglés). 2021-04-20. Consultado o 2024-08-09. 
  5. Deis, Robert (2012-08-17). "The origins of “Rum, sodomy and the lash” – Churchill’s alleged quip about British naval tradition…". This Day in Quotes (en inglés). Consultado o 2024-08-09. 
  6. updated, Scott Rowley last (2018-08-22). "New wave: A guide to the best albums". louder (en inglés). Consultado o 2024-08-09. 
  7. "Leafs Culture". culture.mapleleafs.com. Consultado o 2024-08-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]