Saltar ao contido

Símbolos olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os símbolos olímpicos son as iconas, bandeiras e símbolos utilizados polo Comité Olímpico Internacional (COI) para exaltar ou representar os Xogos Olímpicos. Algúns deles (como a chama ou o himno) son máis habituais durante as competicións olímpicas, mentres que outros, como a bandeira, pódense ver durante todo o ano.

Símbolos olímpicos universais

[editar | editar a fonte]
Primeiro cartaz olímpico, deseñado para os Xogos de 1896 de Atenas, a primeira edición da era moderna.

Os principais símbolos olímpicos recoñecidos polo COI son:

Símbolos de cada edición

[editar | editar a fonte]

Tamén hai unha serie de símbolos que distinguen cada edición dos Xogos Olímpicos:

Os símbolos utilízanse durante os Xogos Olímpicos e noutras moitas ocasións para identificar o movemento olímpico e os ideais que inspira.

O lema olímpico

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lema olímpico.
Lema olímpico reproducido nas medallas dos Xogos Olímpicos de 1948.

O lema olímpico é o ˞hendiatris «Citius, Altius, Fortius», a voz latina para «Máis rápido, máis alto, máis forte». Foi proposto por Pierre de Coubertin tras a creación do COI en 1894. Coubertin tomoullo prestado ao seu amigo Henri Didon, un sacerdote dominico que era un atleta entusiasta. Coubertin dixo: "Estas tres palabras representan un programa de beleza moral. A estética do deporte é intanxible".[1]

O lema foi introducido en 1924 nos Xogos Olímpicos celebrados en París.[2]

Outros lemas

[editar | editar a fonte]

Un lema máis informal pero coñecido, tamén presentado por Coubertin, é «O máis importante non é gañar senón participar. Coubertin obtivo este lema dun sermón pronunciado polo bispo de Pensilvania durante os Xogos de Londres de 1908.[3]

Os aneis olímpicos

[editar | editar a fonte]
Aneis olímpicos en Montjuïc, próximos ao estadio olímpico de Barcelona 92.
Artigo principal: Aneis olímpicos.

Os aneis olímpicos ou aros olímpicos son un símbolo dos Xogos Olímpicos formados por cinco arcos entrelazados, coas cores azul, amarelo, negro, verde e vermello sobre un fondo branco . Foi concibido orixinalmente en 1913 polo barón Pierre de Coubertin, fundador dos Xogos Olímpicos modernos.

O emblema foi elixido para ilustrar e representar o Congreso Mundial de 1914: cinco aneis entrelazados con diferentes cores -azul, amarelo, negro, verde e vermello- colócanse no campo en branco de papel. Estes cinco aneis representan as cinco partes do mundo, que agora están conquistadas para o Olimpismo e dispostas a aceptar unha competencia saudable.
Medalla Pierre de Coubertin, que contén os aros olímpicos, a cinta coas cinco cores olímpicas e o lema Citius, Altius, Fortius. Desde a súa introdución, en 1964, só foi concedida 17 veces.[4]

As cores utilizadas nos cinco aneis da bandeira foron escollidas e representadas por Pierre de Coubertin [5] debido á frecuencia coa que aparecen nas bandeiras de diferentes nacións do mundo. Polo menos unha das outras cores está presente en cada bandeira, integrando así todos os países, proporcionando un significado universal aos Xogos Olímpicos. Existe unha versión de que cada anel representaría un continente (o anel azul correspondente a Europa, o anel amarelo a Asia, o negro a África, o verde a Oceanía e o vermello a América), pero esta versión considérase oficialmente equivocada.[5]

Deseño orixinal

[editar | editar a fonte]

O debuxo foi realizado en 1913 por Pierre de Coubertin utilizando grafito e gouache sobre un papel de formato folio (mide 21 por 27,5 cm).

O proxecto foi entregado por Pierre de Coubertin a un suízo e mantívose na familia ao longo do tempo até que un coleccionista o comprou e púxoo á venda en 2020.

O 26 de xullo de 2020, o debuxo foi vendido a un coleccionista brasileiro "por 185 mil euros máis custos, ou 234.950 euros".[6]

A bandeira olímpica

[editar | editar a fonte]
Bandeira olímpica no Canadá, para celebrar os Xogos Olímpicos de Inverno de Vancouver 2010.

A bandeira olímpica está en proporción 2:3, e o seu uso está estritamente regulado polo COI, do mesmo xeito ca o dos aneis.

A bandeira olímpica ízase en todas as cerimonias de apertura dos Xogos Olímpicos, dende os Xogos Olímpicos de Antuerpe 1920 até a actualidade.[7]

  1. "Olympic Ceremony 2002" (PDF). Olympic.org. 
  2. Xogos da VIII Olímpiada - París 1924
  3. "The Olympic Summer Games" (PDF). Olympic.org (en inglés). 
  4. "Pierre de Coubertin medal: All you should know about the fourth medal". India Today (en inglés). 2016-08-23. Consultado o 2024-08-08. 
  5. 5,0 5,1 "The Olympic Symbols" (PDF). Consultado o 25 de julho de 2013. 
  6. "Desenho original dos anéis olímpicos vendido por 185 mil euros em leilão". Jornal de Notícias (en portugués). Consultado o 2024-08-08. 
  7. "Cerimonia de Anveres.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.