Hemoptise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Gasa chea de sangue.

Hemoptise é o termo médico empregado para describir a expectoración de esputo hemático, isto é, de sangue fresco, que ten coma orixe o aparello respiratorio. A súa intensidade pode abranguer dende moi discreta, pequenos filamentos de sangue, até formas severas con sangue fresca denominada hemoptise franca. A hemoptise masiva é a forma de presentación máis grave.

A hemoptise refírese só ao sangue expulsado pola boca que provén do aparello respiratorio. O sangue que ten coma orixe o aparello dixestivo alto (vómitos sanguentos) coñécese co nome de hematámese.[1]

Na hemoptise, o sangue é de cor brillante, escumosa ou en forma de coágulos, a diferenza da hematámese, onde o sangue é de cor marrón, semellando á borra do café, e que pode conter restos de alimentos, xa que a orixe é o aparello gastrointestinal. Outra diferenza entre a hematámese e a hemoptise é o pH: é alcalino ou básico na hemoptise e ácido na hematamese.

Clasificación segundo a gravidade[editar | editar a fonte]

A hemoptise pódese clasificar segundo a súa gravidada en leve, moderada, severa ou masiva. Dita clasificación baséase no volume en mililitros de sangue perdida ao día.

  • Leve: menos de 30 ml/día
  • Moderada: de 30 a 200 ml/día
  • Severa: de 200 a 600 ml/día
  • Masiva: máis de 600 ml/día[2]

Causas[editar | editar a fonte]

Mycobacterium tuberculosi pode dar lugar a tuberculose, causa de hemoptise.
Ao producir dano no aparello respiratorio, non é raro que o cancro de pulmón cause hemoptise mantida.

Existen numerosas causas de hemoptise, sendo a bronquite e a pneumonía as causas máis habituais, malia non as únicas. En pacientes fumadores, a hemoptise persistente pode ser un síntoma frecuente.

As principais causas de expulsión de sangue procedente do aparello respiratorio son:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]