Heliodoro de Émesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeliodoro de Émesa
Nome orixinal(grc) Ἡλιόδωρος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. século III Editar o valor em Wikidata
Homs (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. século IV Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeséculo III Editar o valor em Wikidata - século IV Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Heliodoro (Ἡλιόδωρος) de Emesa (Siria) foi un escritor grego, autor da novela Etiópicas (Αἰθιοπικά), coñecida tamén como Teáxenes e Cariclea (Θεαγένης καὶ Χαρίκλεία).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada se sabe con seguridade da súa vida, que se data de forma variábel entre os séculos III e IV, pero identificárono cun bispo cristián de Tesalónica chamado así, segundo a noticia que aparece por primeira vez en Historia eclesiástica de Sócrates de Constantinopla [1], chegando a ser bispo de Trica e quen introducira o celibato en Tesalia.

Obra[editar | editar a fonte]

Dúas particularidades asignan á novela de Heliodoro un posto especial. En primeiro lugar, o inusitado virtuosismo na técnica narrativa; por outra banda, constitúe un relevante testemuño de que novas forzas relixiosas penetran nesa época. Nesta novela de Heliodoro, como nas demais, percíbese con especial claridade que a lingua é produto artificioso. Todos os recursos da arte retórica e apoiaturas poéticas non poden desmentir o carácter pobre deste estilo. Constrúense pero non se redondean grandes períodos. A teima, sobre todo, de recargar as oracións amontoando participios conduce á formación de cláusulas monstruosas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. século V; 5, 22

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]