Aquiles Tacio
Aquiles Tacio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século IIxuliano |
Lugar de nacemento | Alexandría |
Falecemento | século IIIxuliano |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor |
Coñecido por | Leucippe and Clitophon |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aquiles Tacio (en gr., Ἀχιλλεύς Τάτιος), nado en Alexandría, foi un escritor do século II.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É coñecido por legar unha novela erótica chamada Leucipa e Clitofonte ou as Aventuras de Leucipa e Clitofonte, claramente composta baixo a influencia retórica da Segunda sofística, cara a finais do século II.
Díxose que Aquiles Tacio é dentro da novela o que Eurípides dentro do xénero tráxico: un autor que coñece e usa as convencións do xénero, pero faino xa cunha ironía e un realismo notábeis. Fronte á simplicidade das novelas anteriores, Aquiles Tacio complica o esquema- dentro da armazón folletinesca da novela grega-, aburguesa aos protagonistas, e engade unha boa chea de digresións internas (descricións de animais, estatuas, cadros, relatos míticos, anécdotas etc.) cun virtuosismo un tanto barroco. Esas ekphráseis e historietas intercaladas eran, seguramente, moi do gusto da época, aínda que choquen con nosas convencións novelescas.
Aquiles Tacio resulta un tanto lascivo en contraste co relixioso ton e o sublime de Heliodoro, como xa notaron os bizantinos, que apreciaban moitos estas dúas novelas. O seu texto foi coñecido pronto; no século XVI foi imitado, e traduciuse ao castelán por vez primeira en 1617, por Diego de Ágreda y Vargas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Longo; Aquiles Tacio; Yámblico (1997). Dafnis y Cloe; Leucipa y Clitofonte; Babiloníacas. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-0858-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Outros novelistas en grego helenístico:
- Quéreas e Calírroe de Caritón.
- Etiópicas ou Teáxenes e Cariclea de Heliodoro.
- Dafnis e Cloe de Longo de Lesbos.
- Habrócomes e Antía de Xenofonte de Éfeso.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Aquiles Tacio: Leucipa e Clitofonte.
- Texto español, con introdución, en Scribd; a obra, a partir da páx. 32 da reprodución electrónica.
- Texto grego, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; ed. de Rudolf Hercher (1821 - 1878). Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.
- Texto español, con introdución, en Scribd; a obra, a partir da páx. 32 da reprodución electrónica.
- Christine Marguet, da Universidade de Vincennes-Saint-Denis (Université Paris-VIII)[1] Arquivado 04 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.: De Leucipa y Clitofonte de Aquiles Tacio a la Historia de los amores de Clareo y Florisea de Alonso Núñez de Reinoso: un caso de reescritura novelesca entre traducción y creación.
- Texto español en PDF.