Heliodoro Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heliodoro Cid
Nacemento1831
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento31 de marzo de 1888
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Heliodoro Cid Rozo, nado en Pontevedra en 1831 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1888, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou nos periódicos pontevedreses El País (1857), La Perseverancia (1859) e El Esquilón (1861). Marchou a Lugo onde foi redactor e logo director de El Progreso. Volveu a Pontevedra e foi redactor de La Crónica, La República (1873), El Avisador (1881), La Opinión (1884) e Galicia Cómica (1885). Colaborou no Álbum de la Caridad co poema "Á'miña hirman",[1] segundo Carballo Calero: moi sentimental e de escaso mérito.[2]

Empregou o pseudónimo de Fray Zacarías.

Finou pobre[3] en Pontevedra o 31 de marzo de 1888 aos 57 anos de idade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 26-4-1951, p. 1.
  2. Carballo Calero 1975.
  3. Couceiro Freijomil 1951, p. 281.
  4. Necrolóxica en El Eco de Galicia, 5-4-1888, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]