La Perseverancia
Aparencia
La Perseverancia | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Perseverancia foi un periódico editado en Pontevedra en 1859.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales, apareceu o 2 de marzo de 1859. Veu substituír a El País. Publicábase dúas veces por semana. Dirixido por Manuel Ángel Couto. Manuel Ángel del Villar foi o seu redactor, e entre os seus colaboradores estaban Luís Rodríguez Seoane e no eido literario Alberto Camino, o seu irmán Domingo Camino, Xoán Manuel Pintos e José Domínguez Izquierdo. Cesou a súa publicación o 8 de decembro de 1859.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Perseverancia, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Perseverancia, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.