John Phillip Key

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Phillip Key
John Key National Party2.jpg
John Phillip Key
Primeiro Ministro de Nova Zelandia
Período 19 de novembro de 2008 - actualidade
Antecesor Helen Clark
Datos persoais
Nacemento 9 de agosto de 1961
Lugar Auckland
Organización National Party
Cónxuxe Bronagh Key (dende o 1984)
Profesión executivo de empresas e político

John Phillip Key, nado en Auckland o 9 de agosto de 1961, é fun executivo de empresas e político, ocupa o cargo de Primeiro Ministro de Nova Zelandia desde o 19 de novembro de 2008. É o líder do Partido Nacional (National Party).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou en política en 2001 sendo elixido o ano seguinte deputado pola circunscrición de Helensville. Sería reelixido por ese distrito electoral en 2005 e 2008. En 2004 converteuse no portavoz de Finanzas no gabinete na sombra. En 2006 tras a dimisión de Don Brash pasou a dirixir o Partido Nacional.[2] Como líder do partido presentouse como candidato a Primeiro Ministro nas eleccións xerais de 2008 contra laborista Helen Clark que ocupaba ese posto desde 1999. As eleccións gañounas o Partido Nacional con 58 escanos, quedándose a catro da maioría absoluta.[3] Para conseguir esa maioría formou unha coalición cos partidos conservadores ACT e Futuro Unido, ademais do Partido Maorí. Key baseou a súa campaña na economía e nas opcións de superar a crise global.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xinhua (19-11-2008). "Nuevo gobierno neozelandés presta juramento a cargo" (en español). Consultado o 10-7-2009. 
  2. John Key (28-11-2006). "Speech to North Shore National Party luncheon" (en inglés). Partido Nacional. Consultado o 10-7-2009. 
  3. "NEW ZEALAND GENERAL ELECTION 2008 – OFFICIAL RESULTS" (en inglés). Consultado o 10-7-2009. 
  4. "El multimillonario John Key vence en las legislativas de Nueva Zelanda". El País (en español). 11-8-2008. Consultado o 10-7-2009. 
Primeiro Ministro de Nova Zelandia

Segue a:
Helen Clark
John Phillip Key
(2008-actualidade)

Precede a:
-
National Party