Saltar ao contido

Heidi (anime)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heidi
 Título
アルプスの少女ハイジ (ja)
Heidi, Girl of the Alps (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Elenco de dobraxe
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
6 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de decembro de 1974 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   52 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF301622949 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h28sp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0070968 Allocine: 4775
Facebook: official.heidi Twitter: official_heidi Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Heidi (アルプスの少女ハイジ Arupusu no Shōjo Haiji?, lit. "Heidi, a nena dos Alpes") é unha serie de anime xaponesa do xénero Kodomo estreada o 6 de xaneiro do 1974, inspirada no libro homónimo da escritora suíza Johanna Spyri. A serie foi producida pola xaponesa Zuiyo Eizo, que logo pasaría a ser Nippon Animation, e a cadea alemá Zweites Deutsches Fernsehen (ZDF).

A serie de 52 episodios, tamén conta coa dobraxe en galego levada a cabo pola TVG. Estreouse remasterizada a través da plataforma dixital do Xabarín o 14 de febreiro de 2025.[1][2]

Heidi é unha meniña de cinco anos de idade, orfa de pai e nai, é levada pola súa tía Dete ás montañas suízas a vivir co seu avó unha vez que esta cre que xa cumpriu co seu deber. Ó principio, o "Vello do Alpes", como é coñecido nas aldeas veciñas, non está moi polo labor de ter que coidar da nena. Porén, a inefable tenrura e alegría da súa neta, fai que ós poucos vaia mudando de carácter, non só con ela senón que tamñén co resto da veciñanza.

Heidi descubriu unha encantadora vida nas montañas e non desexa liscar. Axiña fai amizade cun pastorciño chamado Pedro, e xuntos toman agradables paseos nas montañas coas cabras. Heidi rapidamente gaña o cariño de todos, mesmo da avoa de Pedro, unha anciá débil e cega. Desgraciadamente, unha gran tristura aféctaos a todos o día en que Dete retorna para levar a Heidi canda ela, xa que asegura ter atppado un bo traballo na cidade de Frankfurt (Alemaña) e alá Heidi servirá como compañeira para Clara Sesemann, a filla do señor Sesemann. Na cidade, Heidi descobre que Clara está enferma e non pode camiñar, dependendo dunha cadeira de rodas para se poder mover, alén diso, decatarase que é unha nena de moi bo corazón, pronto farán unha grande amizade. Neste novo fogar Heidi terá que soportar á estrita Señorita Rottenmeier, con quen nunca logrará levarse ben. Cando Heidi volte por fin onda seu avó e os seus amigos nas montañas dos Alpes, recibirá a visita de Clara e maila súa avoa, e aló, nas montañas, realizarase un milagre que será unha grande alegría para todos.

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lista de episodios de Heidi.
  1. @XabarinGal, ed. (11 de febriro de 2025). "Xa non ten que preguntarllo ao avoíño, se #Heidi é tan feliz é porque este venres volve a xabarin.gal completamente remasterizada a toda cor". Consultado o 22 de febreiro de 2025.
  2. "Heidi en xabarin.gal". Consultado o 22 de febreiro de 2025.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]