Harold Scott MacDonald Coxeter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Harold Coxeter»)
Infotaula de personaHarold Scott MacDonald Coxeter

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Kensington, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 2003 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Canadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton (1931–1933)
Universidade de Cambridge (1928–1931)
Trinity College (1926–1928)
Marlborough College (pt) Traducir (1923–1925)
King Alfred School (en) Traducir (–1919)
St George's School (en) Traducir (1919–1923) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaSome Contributions to the Study of Regular Polytopes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1931 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseHenry Frederick Baker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Anglia do Leste, Professor visitante (pt) Traducir (1968–1968)
Universidade de Ámsterdam, Professor visitante (pt) Traducir (1966–1966)
Universidade de Toronto (1936–1996) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoNorman Johnson (pt) Traducir, W. G. Brown (en) Traducir, Asia Ivić Weiss (en) Traducir, William Oscar Jules Moser (en) Traducir, Gerald Berman (en) Traducir, Donald W. Crowe (en) Traducir, Cyril Wilbur Luther Garner (en) Traducir, Frank Arthur Sherk (en) Traducir, Bruce L. Chilton (en) Traducir, A. Lloyd (Andrew) Dulmage (en) Traducir, John Chris Fisher (en) Traducir, George P. Henderson (en) Traducir, John Maurice Kingston (en) Traducir, Barry Ross Monson (en) Traducir, John B. Wilker (en) Traducir, Joseph George Sunday (en) Traducir e Seymour Schuster (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
ParentesEve Goldsmith Coxeter (pt) Traducir (meio-irmão (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Coxeter-23 Find a Grave: 141218863 Editar o valor em Wikidata

Harold Scott MacDonald "Donald" Coxeter, nado en Londres o 9 de febreiro de 1907 e finado en Toronto o 31 de marzo de 2003,[1] foi un matemático británico e despois canadense. Foi recoñecido como un dos maiores xeómetras do século XX.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coxeter naceu en Kensington, fillo de Harold Samuel Coxeter e Lucy Gee. O seu pai encargárase do negocio familiar de Coxeter & Son, dedicado á fabricación de instrumentos cirúrxicos e gases comprimidos (incluído un mecanismo para anestesiar pacientes cirúrxicos con óxido nitroso), mais puido xubilarse novo e centrarse na escultura e no canto como barítono; Lucy Coxeter era unha pintora de retratos e paisaxes que asistira á Royal Academy of Arts. O arquitecto Sir Giles Gilbert Scott era o seu primo materno.[3][1]

Na súa mocidade, Coxeter compuxo música e con dez anos era un pianista destacado.[4] Sentía que as matemáticas e a música estaban intimamente relacionando, afondando na idea no artigo de 1962 "Mathematics and Music" en Canadian Music Journal.[4]

Estudou na King Alfred School de Londres e na St George's School de Harpenden, onde o seu mellor amigo era John Flinders Petrie, posteriormente un matemático polo que recibiron o nome os polígonos de Petrie. Foi aceptado no King's College (Cambridge) en 1925, mais decidiu pasar un ano estudando coa esperanza de ser admitido no Trinity College, cun estándar máis alto de matemáticas.[1] Coxeter obtivo unha bolsa e entreou no Trinity College da Universidade de Cambridge en 1926 para estudar matemáticas. Alí obtivo o seu título (como Senior Wrangler) en 1928, o doutoramento en 1931.[4][5] En 1932 foi á Universidade Princeton durante un ano como Rockefeller Fellow, onde traballou con Hermann Weyl, Oswald Veblen e Solomon Lefschetz.[5] Tras volver ao Trinity por un ano, asistiu aos seminarios de Ludwig Wittgenstein sobre filosofía das matemáticas.[4] En 1934 pasou outro ano máis en Princeton como Procter Fellow.[5]

En 1936 Coxeter entrou na Universidade de Toronto. En 1938 el e P. Du Val, H.T. Flather e John Flinders Petrie publicaron The Fifty-Nine Icosahedra na University of Toronto Press. En 1940 Coxeter editou a úndecima edición de Mathematical Recreations and Essays,[6] orixinariamente publicado por W. W. Rouse Ball en 1892. Foi nomeado profesor en 1948. Coxeter foi elixido membro da Royal Society of Canada en 1948 e Fellow of the Royal Society en 1950. Coñeceu a M. C. Escher en 1954 e ambos fixéronse amigos; o seu traballo sobre figuras xeométricas inspirou algunhas obras de Escher, en particular a serie Límite circular baseada en teselacións hiperbólicas. Tamén inspirou algunhas das innovacións de Buckminster Fuller.[5] Coxeter, M. S. Longuet-Higgins e J. C. P. Miller foron os primeiros que publicaron a lista completa de poliedros uniformes (1954).[7]

Durante 60 anos traballou na Universidade de Toronto e publicou doce libros.

Premios[editar | editar a fonte]

Dende 1978, a Canadian Mathematical Society entrega o premio Coxeter–James na súa honra.

Foi nomeado membro da Royal Society en 1950 e en 1997 recibiu a medalla Sylvester.[5] En 1990, converteuse en membro estranxeiro da American Academy of Arts and Sciences[8] e en 1997 recibiu a Orde do Canadá.[9]

En 1973 recibiu o premio Jeffery–Williams.[5]

Un festschrift na súa honra, The Geometric Vein, foi publicado en 1982. Contén 41 artigos sobre xeometría, baseados nun simposio que Coxeter organizou en Toronto en 1979.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Modelo:Cita publicació periódica
  2. "Geometry Revisited". Mathematical Association of America. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2018. 
  3. "The Oxford Dictionary of National Biography". 2004. doi:10.1093/ref:odnb/89876. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Roberts, Siobhan, King of Infinite Space: Donald Coxeter, The Man Who Saved Geometry, Walker & Company, 2006, ISBN 0-8027-1499-4
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Donald Coxeter". MacTutor (en inglés). Consultado o 04-09-2021. 
  6. Frame, J. S. (1940). "Review: Mathematical Recreations and Essays, 11th edition, by W. W. Rouse Ball; revised by H. S. M. Coxeter" (PDF). Bull. Amer. Math. Soc. 45 (3): 211–213. doi:10.1090/S0002-9904-1940-07170-8. 
  7. Harold Coxeter, Michael S. Longuet-Higgins and J. C. P. Miller. "Uniform Polyhedra", Philosophical Transactions of the Royal Society A 246: 401–50 doi 10.1098/rsta.1954.0003
  8. "Harold Scott MacDonald Coxeter". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Consultado o 2022-02-12. 
  9. "Order of Canada citation" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2010. 
  10. Edge, W. L. (June 1983). "Review of The Geometric Vein". Proceedings of the Edinburgh Mathematical Society 26 (2): 284–285. doi:10.1017/s0013091500017016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]