Harold Acton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Acton
Harold Acton (cropped).jpg
Nacemento5 de xullo de 1904
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento27 de febreiro de 1994
Lugar de falecementoFlorencia
SoterradoFlorence (Gli Allori) Evangelical Cemetery
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterChrist Church College, Eton College e Wixenford School
Ocupaciónescritor e historiador
PaiArthur Acton
IrmánsWilliam Acton
PremiosComandante da Orde do Imperio Británico, Serena Medal e Knight Bachelor
Na rede
WikiTree: Acton-1446
editar datos en Wikidata ]
Lápida de Harold Acton

Harold Acton, nado en Villa la Pietra en 1904 e finado en 1994, foi un escritor anglo-italiano, famoso por inspirar o personaxe de Anthony Blanche da novela de Evelyn Waugh, Retorno a Brideshead (Brideshead Revisited) (1945).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai proviña dunha familia da aristocracia católica inglesa que viña residindo en Italia dende o século XVIII e a súa nai era filla dun millonario nortemericano, estudou en Eton e Oxford, en 1923 publica o seu primeiro poemario, Aquarium ao que segue en 1925, An Indian Ass, en 1926 regresa a Italia, pero desconforme coa política do réxime fascista viaxa a China en 1932, onde dá clases de inglés na Universidade de Pekín e traduce poemas e contos tradicionais chineses ao inglés, co comezo da segunda guerra mundial, regresa a Inglaterra e entra na Royal Air Force.