Híbrido grizzly-oso polar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Híbrido grizzly-oso polar
Grolar.JPG
Híbrido oso polar/pardo no Zoo de Osnabrück, Alemaña
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Ursidae
Xénero: Ursus
Especie: Ursus maritimus × Ursus arctos
Híbrido oso polar/pardo, Museo de Historia Natural en Tring, Tring, Inglaterra.

Un híbrido grizzly-oso polar (tamén chamado con nomes mixtos como oso grolar, polar grizz, polizzle, oso pizzly[1][2], grizzlar ou nanulak) é un raro úrsido híbrido que se pode orixinar en catividade e na natureza pola hibridación desas dúas especies de oso. En 2006, a presenza deste híbrido na natureza foi confirmada por tests de ADN feitos a un oso de aparencia rara cazado preto de Sachs Harbour, Territorios do Noroeste na illa Banks no Ártico canadense. Desde entón, o número de híbridos confirmados ascende a oito, todos os cales son descendentes dun mesmo individuo femia de oso polar.[3] Informouse de posibles híbridos salvaxes de oso polar e oso grizzly cazados no pasado, pero daquela non se dispoñía de tests de ADN para confirmar a ascendencia deses osos.

A análise xenética revelou múltiples exemplos de hibridación introgresiva entre especies de oso,[4][5][6] incluíndo a introgresión de ADN de oso polar en osos pardos durante o Plistoceno ("oso grizzly" é un nome local común en Norteamérica par Ursus arctos, mentres que "oso pardo" é máis utilizado internacionalmente e en ciencia para referirse á especie no seu conxunto).[7]

Presenza na natureza[editar | editar a fonte]

Con varios avistamentos de posibles híbridos e oito casos confirmados,[3] a existencia deses híbridos na natureza xa non é hipotética. Aínda que estas especies irmás adoitan ocupar rexións adxacentes, o contacto directo entre elas non é a norma, porque os osos polares cazan, reprodúcense e ás veces mesmo constrúen toqueiras para a maternidade sobre o xeo, mentres que os osos pardos teñen un estilo de vida case totalmente terrestre.

Descubrimento de 2006[editar | editar a fonte]

Jim Martell, un cazador de Idaho, informou de que cazara un híbrido de grizzly–oso polar preto de Sachs Harbour na illa Banks, Territorios do Noroeste o 16 de abril de 2006.[1][8] Martell, co seu guía local Roger Kuptana, estaba cazando osos polares,[9] e matou un exemplar que se cría que era un oso polar normal. Os funcionarios que o examinaron interesáronse pola criatura ao decatárense de que aínda que tiña unha grosa pelame cor branca crema típica do oso polar, tiña tamén longas garras, un dorso arqueado, unha cara pouco profunda e manchas marróns arredor dos ollos, nariz, dorso e pés, que son todas caracterísricas do oso grizzly. Se o oso fose considerado un grizzly, o cazador tería que facer fronte a unha posible mmulta de 1000 dólares canadenses e ata un ano de cadea, xa que estaría violando a lei.[9]

Un test de ADN realizado por Wildlife Genetics International na Columbia Británica confirmou que era un híbrido, cunha nai osa polar e un pai oso grizzly. É o primeiro caso documentado na natureza,[3] aínda que se coñecía que este híbrido era bioloxicamente posible e orixináronse outros úrsidos híbridos en zoos no pasado.[10]

Entre moita controversia, o oso foi finalmente devolto como trofeo de caza ao Sr. Martell.[11][12]

Seguintes descubrimentos[editar | editar a fonte]

O 8 de abril de 2010, David Kuptana, un cazador inuvialuit da comunidade de Ulukhaktok na illa Victoria cazou o que e pensaba que era un oso polar. Despois de que o oso foi examinado e de facerlle test de ADN, descubriuse que a nai dese oso era un híbrido de grizzly-oso polar e o pai era un oso grizzly. O oso posuía características físicas intermedias entre os osos grizzly e polar, como pelame pardo nos pés, garras longas e cabeza de tipo grizzly.

Entre 2012 e 2014 outros seis osos híbridos foron matados por cazadores ou capturados vivos por biólogos. Recolléronse mostras de todos eles e fixéronse análises xenéticas que confirmaron tanto o seu carácter de híbridos coma as súas relacións de familia.[3] Os oito híbridos identificados ata agora inclúen catro primeiras xeracións (F1, 50:50) e catro individuos de cruzamentos retrógrados con oso grizzly (75:25 grizzly:oso polar). Unha soa femia da F1 era a nai dos catro individuos de cruzamento retrógrado, e unha soa femia de oso polar era a nai dos catro F1s, e, deste modo, a avoa dos catro osos de cruzamento retrógrado. Dous machos de grizzly apareáronse coa femia de oso polar para daren lugar aos catro F1s, e un oso grizzly parece que se apareou coa femia de oso polar en dous anos distintos (dous dos F1s son irmáns completos, pero nacidos con tres anos de diferenza). Os mesmos dous machos de osos pardos apareáronse ambos coa femia da F1 para producir os cato individuos de cruzamento retrógrado, con tres osiños machos da camada enxendrados por un macho, e un só oso 3/4 grizzly máis vello procedente dun cruzamento entre a femia da F1 e o seu pai.

É difícil saber se estes eventos son un indicador da rotura da barreira de especies ou simplemente unha anecdota rara, xa que todos os casos confirmados ata agora debéronse a unha elección de apareamento pouco común dunha soa osa polar.

O oso de Arviat[editar | editar a fonte]

Informouse nos medios que un oso cazado en 2016 preto de Arviat na costa oeste da baía de Hudson era un híbrido, e as axencias de novas apresuráronse a dicir que se trataba dun resultado do cambio climático no Ártico.[13] Este oso era de cor clara, pero os chamados osos grizzly 'loiros' son comúns nos Barren Grounds,[14] e o oso de Arviat non tiña outras caracterísitcas propias destes híbridos. Posteriormente, confirmouse por análise xenética que o oso de Arviat era en realidade un oso pardo puro,[15][16] aínda que poucos dos medios de información que publicaran a historia orixinal deron nova desta actualización.

Área de expansión dos osos pardos como posible factor contribuidor[editar | editar a fonte]

Aínda que en 1951 se cazou un oso grizzly na illa Banks, ata tempos recentes era raro que esta especie se desviase tan ao norte da costa da terra continental do Canadá. En 1991 documentouse que un ou máis osos grizzly estaban cazando focas xunto con osos polares no xeo mariño preto da illa Melville, a uns 500 km da costa continental.[17] En 2003 e 2004 un equipo xeolóxico que traballaba na illa Melville obtivo probas fotográficas e de ADN dun oso grizzly nesa área.[18] O seu informe tamén recollía información doutros varios avistamentos no Arquipélago Ártico Canadense.

Os osos grizzly aparentemente tamén ampliaron a súa área cara ao leste a través dos Barren Grounds cara á baía de Hudson e cara ao sur polo norte de Saskatchewan e Manitoba.[19] Entre 2003 e 2008 enxergáronse sete individuos no Parque Nacional de Wapusk ao sur de Churchill, Manitoba, unha área usada polos osos polares para facer toqueiras para a maternidade e como refuxio durante a estación libre de xeo da baía de Hudson.[20][21]

Hibridación antiga[editar | editar a fonte]

Os métodos xenéticos usados para confirmar as relacións de familia e a ascendencia dos osos híbridos do norte do Canadá remóntanse a inicios da década de 1990, e non son dabondo potentes como para revelar unha historia antiga. Porén, os novos métodos xenómicos poden analizar miles de sitios no xenoma, permitindo rastrear a historia de fragmentos individuais de cromosomas ata unha determinada poboación (ou especie no caso de hibridación). Os estudos xenómicos de osos pardos e polares revelaron un fluxo xénico dos osos polares cara a osos pardos, pero non ao revés, que foi común no tempo e no espazo durante o Plistoceno.[7] Especialmente interesante é que os osos que viven nas illas do Arquipélago Alexander do sueste de Alasca teñen un ADN mitocondrial herdado maternalmente enteiramente de osas polares, pero un 90% dos seus xenomas nucleares procede de osos pardos. Isto parece reflectir un proceso no cal unha poboación de osos polares quedou atrás a medida que a especie se retirou cara ao norte ao fin da última idade do xeo, e os osos pardos machos introduciron seguidamente os ses xenes desde a terra continental adxacente, pero as femias de oso pardo eran xeralmente incapaces ou non querían aventurarse a nadar ao longo de varios quilómetros de océano aberto para chegar ás illas (así se explica a falta de intercambio de ADN mitocondrial).[22]

Tales estudos non foron limitados aos osos polares e pardos, e agora parece que o fluxo xénico entre especies foi moi común durante a evolución das especies vivas de osos.[23]

Nomes[editar | editar a fonte]

Posible hibridación entre diferentes especies de osos

Desde o descubrimento de 2006 que puxo estes híbridos no foco, os medios referíronse a este animal con varios nomes compostos con partes dos nomes de ambos os osos, como oso pizzly (polar + grizzly), oso grolar (grizzly + polar),[24] e polizzly (polar + grizzly), pero non hai consenso sobre o seu uso. Os funcionarios encargados da vida silvestre canadense propuxeron chamarlles a estes híbridos "nanulak", palabra tomada dos nomes inuit para oso polar (nanuk) e oso grizzly (aklak).[25]

Segundo unha convención sobe nomenclatura de híbridos,[26] o nome do pai que enxendra ponse primeiro na palabra composta, polo que o fillo dun macho de oso polar e unha femia de grizzly sería un nanulak ou "oso pizzly", mentres que o fillo dun macho de grizzly e unha femia de oso polar sería un "oso grolar" ou posiblemente un aknuk.

Características[editar | editar a fonte]

Dúas crías híbridas de osos grizzly e polar (unha femia e un macho) naceron no Zoo de Osnabrück en Osnabrück, Alemaña en 2004, e as súas características físicas son xeralmene intermedias entre o oso polar e o grizzly.[27] Por exemplo, os seus corpos son menores que os dos osos polares, pero maiores que os dos grizzly, mentres que as súas cabezas son intermedias entre a máis ancha dos grizzly e a máis delgada dos polares.[27] Teñen pescozos longos como os osos polares, pero pequenas xibas no ombreiro como os grizzly.[27] As plantas dos pés están cubertas parcialmente de pelo; os osos polares teñen plantas cubertas de pelos, que actúan como illamento, e os grizzly teñen plantas sen pelo.[27]

De xeito similar, o pelo dos híbridos mostra unhas particularidades en canto á característica de ser máis ou menos ocos, que son intermedias entre as características dos osos polares e dos grizzly. En sección transversal o pelo dos osos polares é oco, mentres que os dos grizzly é ou sólido ou ten pequenas rexións ocas.[27] Isto varía segundo de que parte se tome o pelo do oso grizzly.[27] No macho híbrido, o pelo dos pés é sólido, pero o pelo escuro do dorso é parcialmente oco, pero con "rexións baleiras máis pequenas que as atopadas no pelo dos osos polares".[27] O pelo da femia híbrida "contén un rango de rexións ocas".[27]

Os híbridos demostran un comportamento máis similar aos osos polares que aos grizzly. Apisoan xoguetes que se lles dan de xeito similar a como os osos polares rompen o xeo, e arroxan bolsas a un lado igual que os "osos polares poden arroxar as presas".[27] Os grizzly aos que se lles dan as mesmas bolsas non demostran este comportamento.[27] Tamén se observou que os híbridos descansan de maneira similar aos osos polares: sobre a barriga coas patas posteriores estarricadas.[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 James Mallet (2008). "Hybridization, ecological races and the nature of species: empirical evidence for the ease of speciation" (PDF). Phil. Trans. R. Soc. B 363 (1506): 2971–2986. PMC 2607318. PMID 18579473. doi:10.1098/rstb.2008.0081. 
  2. Anthony D. Barnosky (2009). Island Press, ed. Heatstroke: Nature in an Age of Global Warming. Island Press. p. 10. ISBN 978-1-59726-197-5. Pizzly Bear. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Richardson, Evan; Branigan, Marsha; Paetkau, David; Pongracz, Jodie D. (2017-05-31). "Recent Hybridization between a Polar Bear and Grizzly Bears in the Canadian Arctic". ARCTIC 70 (2): 151–160. ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic4643. 
  4. Verena E Kutschera, Tobias Bidon, Frank Hailer, Julia L. Rodi, Steven R. Fain, Axel Janke (2014) Bears in a Forest of Gene Trees: Phylogenetic Inference Is Complicated by Incomplete lineage sorting and Gene Flow. Molecular Biology and Evolution 31(8): 2004–2017. doi 10.1093/molbev/msu186
  5. Frank Hailer, Verena E. Kutschera, Björn M. Hallström, Denise Klassert, Steven R. Fain, Jennifer A. Leonard, Ulfur Arnason, Axel Janke (2012): Nuclear Genomic Sequences Reveal that Polar Bears Are an Old and Distinct Bear Lineage. Science Vol. 336 no. 6079: 344-347. doi 10.1126/science.1216424
  6. Miller W, Schuster SC, Welch AJ, Ratan A, Bedoya-Reina OC, Zhao F, Kim HL, Burhans RC, Drautz DI, Wittekindt NE, Tomsho LP, Ibarra-Laclette E, Herrera-Estrella L, Peacock E, Farley S, Sage GK, Rode K, Obbard M, Montiel R, Bachmann L, Ingólfsson O, Aars J, Mailund T, Wiig O, Talbot SL, & Lindqvist C (2012). Polar and brown bear genomes reveal ancient admixture and demographic footprints of past climate change. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, 109(36):E2382–E2390. doi 10.1073/pnas.1210506109
  7. 7,0 7,1 Shapiro, Beth; Green, Richard E.; Monaghan, Nigel; Malev, Alexander V.; Kisleika, Aliaksandr A.; Graim, Kiley; Edwards, Ceiridwen J.; Bradley, Daniel; Stirling, Ian (2018-05-01). "Genomic Evidence of Widespread Admixture from Polar Bears into Brown Bears during the Last Ice Age". Molecular Biology and Evolution 35 (5): 1120–1129. ISSN 0737-4038. PMID 29471451. doi:10.1093/molbev/msy018. 
  8. "Wild find: Half grizzly, half polar bear: Hunter bags what expert 'never thought would happen' in wild". MSNBC.MSN.com. May 11, 2006. Arquivado dende o orixinal o August 18, 2006. Consultado o 2006-05-14. 
  9. 9,0 9,1 "Polar Bear / Grizzly Bear Crossbreed Hydrid". Blackbearheaven.com. Consultado o 2011-03-09. 
  10. "Le "grolar", un nouvel ours témoin du réchauffement climatique". FIGARO (en francés). 2014-03-28. Consultado o 2018-10-28. 
  11. "Rare hybrid bear comes to Idaho...as a trophy". Associated Press. 2007-01-21. Arquivado dende o orixinal o 2007-09-27. Consultado o 2007-01-21. 
  12. Alicia P.Q. Wittmeyer Rare hybrid bear coming to Reno hunting show Tahoe Daily Tribune, January 19, 2007
  13. Milman, Oliver (2016-05-18). "Pizzly or grolar bear: grizzly-polar hybrid is a new result of climate change". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-01-23. 
  14. "Grizzly Bear | NWT Species at Risk". www.nwtspeciesatrisk.ca. Consultado o 2019-01-23. 
  15. News, Nunatsiaq (2016-06-22). "Exotic bear harvested in Nunavut was a blonde grizzly". Nunatsiaq News. Consultado o 2019-01-23. 
  16. Jun 21, Katherine Barton · CBC News · Posted; June 21, 2016 11:11 AM CT | Last Updated; 2016. "Grolar or pizzly? Nope, just a blond grizzly bear | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2019-01-29. 
  17. Taylor, Mitch (1995). "Grizzly bear sightings in Viscount Melville Sound.". Polar Bears: Proceedings of the Eleventh Working Meeting of the IUCN/SSC Polar Bear Specialist Group, 25 – 27 January 1993, Copenhagen, Denmark. Occasional Paper of the IUCN Species Survival Commission (SSC) 10: 191–192. 
  18. Paetkau, D.; Furze, M.; England, J. H.; Doupé, J. P. (2007). "Most Northerly Observation of a Grizzly Bear ( Ursus arctos ) in Canada: Photographic and DNA Evidence from Melville Island, Northwest Territories". ARCTIC 60 (3): 271–276. ISSN 1923-1245. doi:10.14430/arctic219. 
  19. Canada, Environment and Climate Change; Canada, Environment and Climate Change (2012-11-01). "Grizzly bear (Ursus arctos): COSEWIC assessment and status report 2012". aem. Consultado o 2019-01-23. 
  20. Hedman, Daryll; Gormezano, Linda; Rockwell, Robert (2008). "Grizzly Bears, Ursus arctos , in Wapusk National Park, Northeastern Manitoba". The Canadian Field-Naturalist 122 (4): 323–326. ISSN 0008-3550. doi:10.22621/cfn.v122i4.639. 
  21. Shapiro, Beth; Slatkin, Montgomery; Stirling, Ian; John, John St; Salamzade, Rauf; Ovsyanikov, Nikita; Jay, Flora; Stiller, Mathias; Fulton, Tara L. (2013-03-14). "Genomic Evidence for Island Population Conversion Resolves Conflicting Theories of Polar Bear Evolution". PLOS Genetics (en inglés) 9 (3): e1003345. ISSN 1553-7404. PMC 3597504. PMID 23516372. doi:10.1371/journal.pgen.1003345. 
  22. PAETKAU, DAVID; SHIELDS, GERALD F.; STROBECK, CURTIS (October 1998). "Gene flow between insular, coastal and interior populations of brown bears in Alaska". Molecular Ecology 7 (10): 1283–1292. ISSN 0962-1083. PMID 9787441. doi:10.1046/j.1365-294x.1998.00440.x. 
  23. Janke, Axel; Nilsson, Maria A.; Kolter, Lydia; Pfenninger, Markus; Bidon, Tobias; Lammers, Fritjof; Kumar, Vikas (2017-04-19). "The evolutionary history of bears is characterized by gene flow across species". Scientific Reports 7: 46487. Bibcode:2017NatSR...746487K. ISSN 2045-2322. PMC 5395953. PMID 28422140. doi:10.1038/srep46487. 
  24. "Hunter may have shot grolar bear – or was it pizzly?". Arquivado dende o orixinal o May 25, 2006. Consultado o 2006-05-12. , CBC North, 26 April 2006.
  25. "Hybrid bear shot dead in Canada". BBC Science. 13 May 2006. 
  26. Naming Conventions unha referencia semicientífica para convencións sobre a denominación de híbridos, con exemplos específicos de híbridos de grandes felinos.
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 Walker, Matt (30 October 2009). "Polar bear plus grizzly equals?". BBC News Online. Consultado o 30 October 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]