O cogomelo da risa (Gymnopilus junonius ou Gymnopilus spectabilis), é unha especie de fungobasidomicetos do xénero Gymnopilus, que pertence á familia Strophariaceae. Ten propiedades psicoactivas[1], de aí o seu nome.
O chapeu é convexo e acada os 20 centímetros de diámetro, é de cor arrubiada, cunha superficie escamenta e seca. O pé pode medir até 25 centímetros de longo e acadar 2,5 centímetros de grosor, é de cor do leite, con anel.
A tona do fungo contén psilocibina. Atópase en locais húmidos e sombrizos dos bosques de coníferas.