Cacaforra dourada
| Cacaforra dourada | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Lista
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
A cacaforra dourada (Amanita gemmata[1]) é un cogomelo pequeno e de cor amarelenta. Distintos autores considérano comestible, outros non e para outros mesmo é tóxica[2]. En calquera caso, e debido á posible confusión con outras especies tóxicas, desaconséllase[Cómpre referencia] a súa recolección.
Descrición
[editar | editar a fonte]Posúen un sombreiro globoso, de 5-10 centímetros de diámetro, que tende a estenderse ó madurar, de cor amarela desde o dourado ata tons moi esvaídos, quedando o centro máis escuro. A cutícula é viscosa, sobre todo nos exemplares novos, e a marxe estriada. Presenta cando nova unhas pequenas placas brancas que desaparecen pronto.
As láminas, desiguais e libres, son brancas e as esporas tamén, dunhas 9-12 por 7-9 micrómetros. Tamén son brancos o pé e o anel, pero este é pouco resistente e desaparece pronto. A base do pé é algo bulbosa, cunha volva branca, adherente e de bordo nítido, pero ás veces queda reducida a copos e fibras soltas na base do pé.
A carne é branca, se ben amarelece baixo a cutícula, de olor imperceptible e sabor agradable.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra en chans areosos ou calcarios, en bosques de coníferas. Pode presentarse durante todo o ano, en zonas de invernos suaves.
Diferenciación
[editar | editar a fonte]Pode confundirse coa Amanita citrina, máis esvelta e coa base en forma de maceta, e con exemplares de Amanita phalloides amarelas. Tamén hai rúsulas semellantes, pero estas teñen as láminas iguais e carecen de formacións na base.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Amanita gemmata
- Amanita gemmata
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cacaforra dourada |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid.
- MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009.
- NONIS, Umberto (1981): Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario. Daimon, Madrid.