Saltar ao contido

Grilo ceboleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grillotalpa

Vista frontal de grilo ceboleiro.
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Orthoptera
Suborde: Ensifera
Superfamilia: Grylloidea
Familia: Gryllotalpidae
Saussure, 1870
Xénero: Gryllotalpa
Latreille, 1802
Nome binomial
''Gryllotalpa gryllotalpa''
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Acheta gryllotalpa (Linnaeus, 1758)
Curtilla gryllotalpa (Linnaeus, 1758)
Gryllotalpa vulgaris (Latreille, 1804)
Gryllus gryllotalpa Linnaeus, 1758
Gryllus talpa (Olivier, 1791)[1]

O grilo ceboleiro, Gryllotalpa gryllotalpa,[2] é unha especie de insecto ortóptero da familia Gryllotalpidae nativo de Europa Occidental e norte de África, aínda que foi exportado ao leste de Asia, a América do Sur e ao leste dos Estados Unidos.[Cómpre referencia]

En galego tamén é coñecido como alacrán ceboleiro, carriola, corta, cortón, osa, ralo ou relo.[2] Marcial Valladares chámao grilo-toupa. Eladio Rodríguez distingue entre o grilo ceboleiro ou grilo real e o grilo toupa.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Detalle da pata dianteira.

É un dos insectos máis infrecuentes. O nome científico deriva do latín gryllus, que significa 'grilo' e talpa, que significa 'toupa' e refírese á similitude que ten este insecto coas toupas, polos seus hábitos subterráneos. As femias cavan cámaras onde coidan os seus ovos. Os machos, máis pequenos, cávanas para facer o seu canto máis forte e atraer ás femias, as súas patas tamén serven para defender os seus territorios. Aínda que poden manifestar condutas agresivas e o seu aspecto parece ameazador, son inofensivos para o home.

O corpo é de cor marrón e cuberto por unha fina capa de pelo, e as súas patas dianteiras son grandes e preparadas para cavar. Só na etapa adulta teñen ás e voan dunha maneira torpe e en raras ocasións pola noite. A lonxitude do corpo dos machos é de aproximadamente 35 a 41 mm e o das femias de 40 a 46 mm.

Hábitat e distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O hábitat ideal é de céspede curto en zonas areosas ou turbosas de Europa (excepto Noruega e Finlandia), o oeste de Asia e o norte de África. Tamén foi introducido accidentalmente nos Estados Unidos, onde se segue difundindo, en América do Sur, e tamén en Menorca e Eivisa (casos puntuais).[Cómpre referencia]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os ovos son postos en cámaras subterráneas sobre finais de xullo. Nacen de dez a vinte días despois e a femia gárdaos durante outras dúas ou tres semanas. As ninfas comezan a madurar a partir da primavera seguinte aínda que algunhas non maduran até o terceiro ano desde a posta. Os adultos e as ninfas poden ser atopados durante o ano en túneles que poden alcanzar unha profundidade de até un metro. Son omnívoros. Poden chegar a ser unha ameaza para os cultivos.

Grilo ceboleiro.
  1. Catalogue of Life Arquivado 06 de abril de 2020 en Wayback Machine.. Consultado o 9 de xuño de 2013
  2. 1 2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grilo.
  3. Define Grilo ceboleiro ou grilo real como "insecto groso de cabeza pequena, bastante longa, patas moi resistentes coas que abre galerías subterráneas. Abunda nas hortas, xardíns, terras de labor e nos montes". E grilo toupa como "moi parecido ó ceboleiro, porque abre galerías subterráneas en busca de alimento, como as toupas" (Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. grilo). En castelán no orixinal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Haes; Marshall, J. A. Grasshoppers and Allied Insects of Great Britain and Ireland (en inglés). Colchester: Harley Books. 
  • Haes; Harding, P. T. Atlas of grasshoppers, crickets and allied insects in Britain and Ireland (en inglés). Londres: HMSO. 
  • Biodiversity: The UK Steering Group Report. Volume 2: Action Plans (en inglés). Londres: HMSO. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]