Grille, Antes, Mazaricos
Grille | |
---|---|
Parroquia | Antes |
Concello | Mazaricos |
Coordenadas | 42°59′34″N 8°54′05″O / 42.992697083992, -8.9013845385894Coordenadas: 42°59′34″N 8°54′05″O / 42.992697083992, -8.9013845385894 |
Poboación | 61 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Grille é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Sitúase na zona leste da parroquia e segundo o IGE[1], en 2018 tiña 61 habitantes (25 homes e 33 mulleres).
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Da Idade Media hai testemuños de cinco variantes: Girrili (1252), (Thome de) Girrilo (1252), Girrilli (1252), (Tome de) Guirille (1252) e Guirrille (1289). Paulo Martínez Lema, propuxo como posíbel base etimolóxica o antropónimo xermánico Berildĭ (tema *ber, relacionábel con *bera(n) 'oso', *baira 'xabarín' ou ben con *beran 'levar, traer') / Uerildĭ (-ildi < hildi 'loita, combate'), documentado en Celanova baixo a forma Berildi (871, 926), no Tombo de Sobrado como Berilli (955) e Berili (964) como nome de muller. A súa evolución sería Uerildĭ > *Güirille > *Guirille > Grille (síncope da vogal pretónica [i]).[2]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Antes[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Antes no concello de Mazaricos (A Coruña) | |
---|---|
Cumbráns | Grille | Pazos | A Xunqueira |
Parroquias de Mazaricos[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021.
- ↑ "Aproximación lingüístico-etimolóxica á toponimia das comarcas de Xallas, Fisterra e Soneira". Revistas UCM. Consultado o 17 de xuño do 2016.