Grethe Fatima Syéd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGrethe Fatima Syéd

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Bergen, Noruega Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Bergen Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónautora , académica , ensaísta , profesora universitaria , tradutora , novelista Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJon Fosse (1993–2009)
Premios


Grethe Fatima Syéd, nada o 1 de xaneiro do 1968, é unha experta en literatura, tradutora e escritora norueguesa de ascendencia india. Publicou diversas traducións dende o inglés, así como libros de investigación sobre o autor Torborg Nedreaas. A súa primeira obra de ficción, Eventyr for voksne ("Contos de fadas para adultos"), saíu do prelo no 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Syéd naceu en Bergen no 1968, filla de pai hindú e nai norueguesa.[1] Graduouse en Literatura Nórdica pola Universidade de Bergen no 2001, cunha tese titulada «Og så veit vi ikkje kva det er!» Dialogisitet i Olav Duuns Samtid ("'Así que non sabemos o que é!' O diálogo na contemporaneidade de Olav Duun"). No 2012, doutorouse pola mesma institución coa tese Nåde­løs omsorg. Kjærlighet, selvmord, kunst og overskridelse i Olav Duuns fiksjonsverden ("Coidado implacable: Amor, suicidio, arte e transcendencia no mundo de ficción de Olav Duun").[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Syéd foi profesora asociada da Universidade de Bergen durante varios anos; despois, traballou como escritora e axente literaria.[3] Entre o 2018 e o 2023, foi editora das obras de Olav Duun na editorial Vidarforlaget.[4]

Syéd traduciu ao noruegués a Seamus Heaney, Gertrude Stein, Henry James e Roald Dahl, entre outros.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casada co premio Nobel de Literatura Jon Fosse entre o 1993 e o 2009, período no que empregou o nome Grethe Fosse.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

No 2019, o xornal noruegués Klassekampen concedeulle o premio cultural Neshornet polos seus traballos sobre Olav Duun.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Du kan ikke lage en potet. Essay og artikler om litteratur og samfunn ("Non podes cociñar unha pataca: Ensaios sobre literatura e sociedade", 2023). Solum Bokvennen.
  • Xunto con Kjersti Sandvik: Hva snakker vi om når vi snakker om abort? ("De que falamos cando falamos do aborto?", 2021). Solum Bokvennen.
  • En sommer med Nedreaas ("Un verán con Nedreaas", 2019). Solum Bokvennen.
  • Xunto con Hans Petter Gundersen: Et liv i etableringsfasen. Del I: 1963–2008 ("Unha vida en fase de establecemento, parte I: 1936-2008", 2018). Vidarforlaget.
  • Olav Duun. Kunsten, døden og kjærlighetens dikter ("Olav Duun: O poema da arte, a morte e mais o amor", 2015). Vidarforlaget.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Eventyr for voksne ("Contos de fadas para adultos", 2020) Solum Bokvennen.

Traducións[editar | editar a fonte]

Como Grethe Fatima Syéd
  • Jean Rhys (2023): God morgon, midnatt. Bokvennen.
  • Gertrude Stein (2017): Kva er engelsk litteratur og andre foredrag. Bokvennen.
  • Roald Dahl (2016): Vemmelige vers. Bokvennen.
Como Grethe Fosse
  • Marsden Hartley (1999): Signaturar av mangfaldige ting. Solum.
  • David Markson (1999): Lesesperre. Solum.
  • Gertrude Stein (1998): Dikt og tekstar. Samlaget.
  • Les Murray (1997): Midtsommars is. Dikt i utval. Solum.
  • Flann O'Brien (1997): Den tredje politimannen. Solum.
  • John Ashbery (1996): Ei bølgje og andre dikt. Solum.
  • Seamus Heaney (1996): Sansen for plassen og andre essays. Solum.
  • Gertrude Stein (1995): Ida. Samlaget.
  • Henry James (1994): Daisy Miller. Bokvennen.
  • Antoloxía de poemas de Hugh MacDiarmid, Samuel Beckett, Seamus Heaney, Gertrude Stein, William Carlos Williams e John Ashbery (1995): Poetisk modernisme. Samlaget.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Syéd-familien". www.dagogtid.no (en noruegués nynorsk). 2018-04-20. Consultado o 2024-02-13. 
  2. Syéd, Grethe Fatima (2012-11-16). "Nådeløs omsorg. Kjærlighet, selvmord, kunst og overskridelse i Olav Duuns fiksjonsverden". The University of Bergen. 
  3. "Syéd, Grethe Fatima, Olav Duun – kjærlighetens og dødens dikter, ph.d., disputas: 16.11.2012". ka.uib.no. Consultado o 2024-02-13. 
  4. "Syéd, Grethe F. - Vidarforlaget". web.archive.org. 2018-05-27. Archived from the original on 27 de maio de 2018. Consultado o 2024-02-13. 
  5. Drangsholt, Janne Stigen; Rottem, Øystein; Surén, Odd Wilhelm; Allkunne (2024-02-12). "Jon Fosse" (en noruegués). 
  6. Pedersen, Therese. "Litteraer lunsj med Grethe Fatima Syéd om Olav Duun". Bergen Public Library. Consultado o 28-10-2023.