Gregory R. Wiseman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gregory R. Wiseman
Datos persoais
Nacemento11 de novembro de 1975
LugarBaltimore
Actividade
MisiónsExpedição 40, Expedição 41 e Soiuz TMA-13M
Tempo no espazo165,33 días
PremiosMedalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Gregory Reid "Tonto" Wiseman, nado en Baltimore, Maryland, o 11 de novembro de 1975, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz TMA-13M e foi membro das expedicións 40 e 41 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wiseman graduouse en computación e enxeñaría de sistemas polo Instituto Politécnico Rensselaer de Troy, en Nova York, en 1997, e é máster en enxeñaría de sistemas pola Universidade Johns Hopkins en 2006. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 2009, completando o seu adestramento en maio de 2011 e participando na misión Soiuz TMA-13M, sendo membro das expedicións 40 e 41 á Estación Espacial Internacional. Pasou 165,33 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Wiseman, Gregory Reid" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (29 de marzo de 2001). "G. Reid Wiseman (Captain, U.S. Navy) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]