Stockard Channing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stockard Channing
Stockard Channing 1984 crop.JPG
Nome completoSusan Antonia Williams Stockard
Nacemento13 de febreiro de 1944
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo irlandés
Alma máterRadcliffe College, Universidade Harvard, HB Studio e Madeira School
Ocupaciónactriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de cinema e actriz de televisión
CónxuxeWalter Channing Jr., Paul Schmidt e David Debin
PremiosDaytime Emmy Award, Tony Award for Best Actress in a Play, Drama Desk Award for Outstanding Actress in a Play, London Film Critics Circle Award for Actress of the Year, premiados e indicados pelo Screen Actors Guild para melhor elenco de série dramática, GLAAD Golden Gate Award, premiadas e indicadas pelo Screen Actors Guild para melhor atriz em minissérie ou filme para televisão, Lucy Award, Primetime Emmy Award de melhor atriz coadjuvante em série dramática e Primetime Emmy Award Melhor Atriz Coadjuvante em Minissérie ou Filme
Na rede
IMDB: nm0000330 Allocine: 1846 Rottentomatoes: celebrity/stockard_channing Allmovie: p12304 TCM: 32147 IBDB: 35030
Musicbrainz: 2e3020a2-6a5f-4011-beaa-302ee622d6a8 Discogs: 328076 WikiTree: Stockard-26 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Susan Antonia Williams Stockard, nada en Nova York o 13 de febreiro de 1944, é unha actriz estadounidense coñecida como Stockard Channing. Foi candidata aos premios Óscar e aos Globos de Ouro e gañou tres premios Emmy e un premio Tony.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stockard Channing naceu en Nova York, filla de Lester Napier Stockard, un magnate navegante, e de Mary Alice English.[1] Creceu no Upper East Side[2] e fíxose acredora da fortuna do seu pai cando este faleceu en 1950. Foi alumna de The Chapin School, unha prestixiosa escola para rapazas de Manhattan, e posteriormente de The Madeira School en Virxinia.[2] Channing estudou despois historia e literatura no Radcliffe College e graduouse en 1965. Casou co seu primeiro mozo, Walter Channing, cando tiña 19 anos. Del tomou o seu nome artístico "Stockard Channing", mesmo despois do seu divorcio.

Channing comezou a súa carreira como actriz coa compañía experimental Theatre Company de Boston, coa que interpretou a obra de off-Broadway Adaptation/Next. En 1971, debutou en Broadway con Two Gentlemen of Verona, de John Guare.[2][3] Channing apareceu por primeira vez na televisión en Sesame Street e posteriormente conseguiu un papel protagonista en 1973 no telefilme The Girl Most Likely To..., unha comedia negra escrita por Joan Rivers.[4]

Logo dunha serie de pequenas interpretacións en filmes, Channing coprotagonizou xunto a Warren Beatty e Jack Nicholson o filme de Mike Nichols The Fortune (1975). Porén, foi en 1978, aos 33 anos de idade, cando conseguiu o papel que a lanzou á fama: a moza Betty Rizzo no filme musical Grease. Este papel valeulle o premio á actriz secundaria favorita nos People's Choice Awards.[5] Ese mesmo ano interpretou a secretaria de Peter Falk en The Cheap Detective.

Channing protagonizou dúas sitcoms para a CBS entre 1979 e 1980: Stockard Channing in Just Friends e The Stockard Channing Show. Tras un par de experiencias pouco produtivas en Hollywood, Channing volveu ao teatro.[6] Despois de triunfar coa obra de Broadway, They're Playing Our Song (1980-81), repetiu éxito como nai na obra de Peter Nichols A Day in the Death of Joe Egg. Por esta obra gañou o Tony á mellor actriz. Continuou o seu regreso de éxito aos escenarios traballando novamente con John Guare. De feito, recibiu dúas candidaturas máis aos Tony polo seu traballo nas obras The House of Blue Leaves (1986) e Six Degrees of Separation (1990), polo que ademais gañou o Obie Award.[7] Channing alternou o seu traballo na televisión e foi candidata ao Emmy pola miniserie da CBS Echoes in the Darkness (1987) e gañou o CableACE Award polo seu traballo en Tidy Endings (HBO, 1988).[2]

A carreira cinematográfica de Channing deu un xiro en 1993 cando foi candidata ao Óscar e aos Globos de Ouro pola súa interpretación dunha marchante de arte do Upper East Side en Six Degrees of Separation.[6] A partir de aí, os papeis en Hollywood multiplicáronse con títulos como To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar (con Patrick Swayze)[8] e Smoke (con Harvey Keitel) (1995), un pequeno cameo en The First Wives Club, Up Close & Personal (con Robert Redford e Michelle Pfeiffer),[9] e Moll Flanders (1996).

Channing tamén tivo múltiples ofertas de televisión e teatro.[2] Protagonizou o telefilme de USA Network An Unexpected Family e a súa secuela An Unexpected Life, en 1998. Foi candidata aos Independent Spirit Award como mellor actriz secundaria polo seu traballo como unha muller estéril en The Baby Dance (1998). Ademais, no teatro, trabalou no Lincoln Center na obra de Tom Stoppard Hapgood (1995) e na adaptación de 1997 da obra de Lillian Hellman The Little Foxes. Durante este período, puxo a voz á personaxe de Barbara Gordon na serie Batman Beyond, e apareceu nun episodio da serie King of the Hill.

En 1999, Stockard Channing aceptou o papel da primeira dama Abbey Bartlet na serie da NBC The West Wing. Comezou como estrela convidada nas dúas primeiras temporadas, mais converteuse en regular en 2001.[6] Na sétima e última temporada (2005-2006), apareceu só en seis episodio porque xa estaba a coprotagonizar a sitcom da CBS Out of Practice, xunto a Henry Winkler.

Channing recibiu diferentes premios en 2002. Entre eles o Emmy como actriz secundaria por The West Wing.[10] Ese mesmo ano, gañou outro Emmy e o Premio do Sindicato de Actores pola súa interpretación de Judy Sheppard en The Matthew Shepard Story, un docudrama sobre a vida e o asasinato de Matthew Shepard.[10] Finalmente, en 2002 recibiu o London Film Critics Circle Award polo seu traballo en The Business of Strangers.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Philanthropist Mary Alice Fortin dies in Florida". The Associated Press. 16 de marzo de 2007. Consultado o 11 de febreiro de 2015. Mary Alice Fortin, philanthropist and mother of actress Stockard Channing, died Wednesday night in Palm Beach, Fla., after an extended illness. She was 97. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Stockard Channing at Yahoo! Movies.
  3. R. W. Stiles. "Light Opera Review: 'Two Gentlemen': Shakespeare in Rock," Pasadena Star-News, 13 de maio de 1973, páx. 11.
  4. "Review. The Girl Most Likely To..., The New York Times
  5. "List of 1979 Awards" People's Choice Awards.com
  6. 6,0 6,1 6,2 "Stockard Channing Biography" tcm.com, consultado o 28 de abril de 2012
  7. 1991/ Obies, 1991 Arquivado 12 de abril de 2013 en Wayback Machine. villagevoice.com
  8. "Cast and Crew, 'To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar'" tcm.com, consultado o 29 de abril de 2012
  9. "Cast and Crew; 'Up Close and Personal'" tcm.com, consultado o 29 de abril de 2012
  10. 10,0 10,1 "Emmy Award, Stockard Channing" emmys.com, consultado o 28 de abril de 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]