Graziano Bini
Bini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Graziano Bini | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 1955 | ||
Lugar de nacemento | San Daniele Po | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1966 | Cremonese | ||
1968–1971 | Inter de Milán | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1971–1985 | Inter de Milán | 233 | (7) |
1985–1987 | Genoa | 28 | (0) |
Total | 261 | (7) | |
Selección nacional | |||
1973 | Italia sub-21 | 2 | (0) |
1975 | Italia sub-23 | 5 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Graziano Bini, nado en San Daniele Po o 7 de xaneiro de 1955, é un exfutbolista italiano. Xogaba como defensa e desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Inter de Milán, no que militou durante 14 tempadas, 7 delas como capitán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de pasar pola Cremonese entrou en 1968 na canteira do Inter de Milán, tras pasar unha proba dirixida por Helenio Herrera. O 7 de maio de 1972 debutou co primeiro equipo na Serie A, nun empate sen goles ante a Sampdoria no estadio Luigi Ferraris de Xénova. Empregado inicialmente como defensa central xunto a Giacinto Facchetti,[1] converteuse nun habitual no once titular a partir da tempada 1977/78, por elección do novo adestrador Eugenio Bersellini.[2] Militou durante 14 anos no club lombardo, exercendo como capitán a partir de 1978.[3] Coa camiseta nerazzurra gañou un scudetto e dúas edicións da Copa Italia (marcando o gol decisivo na final ante o Napoli na tempada 1977/78).[1] Alcanzou as semifinais da Copa de Europa na tempada 1980/81, e aínda que marcou o gol da vitoria no partido de volta, o seu equipo caeu eliminado contra o Real Madrid.[1][2]
Nas súas últimas tempadas en Milán sufriu varias lesións,[1] entre elas unha grave en 1984.[2]
Para a tempada 1985/86 fichou polo Genoa, co que xogou dúas tempadas na Serie B antes de retirarse.[4]
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Foi cinco veces internacional coa selección sub-23 de Italia e dúas coa sub-21.[1] Coa selección absoluta non chegou a disputar ningún partido oficial, pero si un partido amigable non oficial contra Noruega en 1975.[5]
Trala retirada
[editar | editar a fonte]Despois dunha breve experiencia como adestrador do filial do Inter de Milán, foi observador e responsable do equipo xuvenil do Piacenza, entre 2000 e 2009.[6][2] Durante esa época levou a Italia a Hugo Campagnaro e Radja Nainggolan, e subiu a xogadores da canteira como Tommaso Bianchi e Marco Calderoni.
Traballou tamén no Bellinzona e en 2012 adestrou os Free Players, xogadores da liga italiana sen equipo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sappino 2000, p. 82.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Monti, Fabio (14 de agosto de 2006). "Il «gigante» Bini, dall'Inter di Bersellini alla scoperta di nuovi talenti a Piacenza". Corriere della Sera (en italiano). p. 8.
- ↑ Amato, Raffaele (14 de febreiro de 2019). "Inter, da Marktl ad Handanovic: i capitani dal 1909 a oggi" (en italiano). Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ "A Villa Moratti parlano di Coppa e di mercato...". la Repubblica (en italiano). 30 de xuño de 1985. Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ "LE PARTITE NON VALIDE E QUELLE NON UFFICIALI DISPUTATE DALLA NAZIONALE (ELENCO INCOMPLETO)". italia1910.com (en italiano). Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Graziano Bini a TLP: "Mi diverto ad allenare i ragazzi della Free Players. Un'idea innovativa per l'Italia. Che tristezza il fallimento del mio Piacenza..."" (en italiano). 14 de setembro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sappino, Marco (2000). Dizionario del Calcio Italiano (en italiano). Baldini & Castoldi.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).