Grand Port
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Mauricio | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 115.546 (443,9 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 260,3 km² | ||||
Altitude | 172 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | MU-GP | ||||
Grand Port é un dos nove distritos en que se divide administrativamente Mauricio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado no sueste da illa, ocupa unha extensión de 260,3 km². No ano 2015 albergaba unha poboación de 106 665 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 434 hab./km².
A súa capital é a cidade de Rose-Belle, pero a poboación máis importante do distrito é Mahébourg, que foi a antiga capital de Mauricio, que conta cun porto ao interior da baía de Grand Port.
A parte norte do distrito está formada por bosques con vales por onde discorren ríos. Na parte leste levántase a meseta central, que ten un clima ideal para o cultivo do té. Na parte sur está o aeroporto internacional, o único aeroporto da illa. No sueste, preto do mar, sitúase unha zona pantanosa denominada Mare aux Songes, que constitúe un importantísimo sitio paleontolóxico que contén numerosos fósiles de animais extintos recentemente.
Historia
[editar | editar a fonte]Algúns historiadores cren que os primeiros visitantes de Mauricio foron navegantes fenicios que se terían achegado a ela durante a primeira circunnavegación ao redor do continente africano, patrocinada polo faraón de Exipto Necao II contra o ano 600 a.C.. Navegantes árabes visitaron Mauricio regularmente desde o século V e déronlle o nome de Dina Arobi.
Só a comezos do século XVI os navegantes portugueses comezaron a circular pola rexión. Os portugueses establecéronse alí por primeira vez en 1507 e estableceron na illa unha base de aprovisionamentos. A illa aparece nos primeiros mapas portugueses co nome portugués de Cirné, probabelmente debido á presenza do dodo, unha ave non voadora que se atopaba en gran cantidade naquel momento, ou tavez o nome do navío do capitán da expedición Diogo Fernandes Pereira. O navegante portugués Pedro de Mascarenhas deu o seu nome ao arquipélago formado polas illas agora coñecidas como Mauricio, Rodrigues e Reunión.[1]
A illa permaneceu deshabitada até o establecemento dunha colonia en 1638 das Provincias Unidas. Os neerlandeses nomeándoa Maurits na honra de Mauricio de Nassau, Príncipe de Orange. Grand Port foi denominada como Oude Grote Haven (Vello Gran Porto) polos primeiros neerlandeses que avistaron estas terras. A cidade de Mahébourg foi construída polos neerlandeses. A illa foi abandonada por falta de comerciantes en 1710 e, cinco anos despois, converteuse nunha colonia francesa. A cidade conserva edificacións que recordan o pasado colonial da illa.[2]
No século XVII, baixo o dominio francés, a illa e pasou a denominarse Île de France (Illa de Francia). Pola súa posición estratéxica, a illa foi alcumada como "a estrela e a chave" do océano Índico. O Reino Unido tomou o control da illa o 3 de decembro de 1810 durante as guerras napoleónicas; a pesar de gañar a famosa batalla de Grand Port contra os ingleses,[3] os franceses foron derrotados por estes ao norte da illa, en Cap Malheureux, un mes despois. Iso significou a perda da posesión a favor dos británicos e a posterior reversión da illa ao seu nome antigos.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Centro da cidade de Mahébourg
-
Paseo matítimo de Mahébourg
-
Torre dos holandeses
-
Praia na Blue Bay
-
Val de Ferney. Bosque autóctono
-
Trataruga xigante no Val de Ferney
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denis Piat (2010): Sur la route des épices, l'île Maurice, 1598-1810. Paris: Les Éditions du Pacifique. ISBN 978-2-8786-8139-0.
- ↑ 2,0 2,1 Patrick Joseph Barnwell & Auguste Toussaint (1949): A Short History of Mauritius. Longmans, Green and Company, for the Government of Mauritius.
- ↑ VV.AA. (2010): Bicentenaire de la bataille navale du Grand Port, 1810-2010. Port-Louis: Ministry of Arts and Culture. ISBN 978-9-9949-3238-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grand Port |