Gordon Bajnai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGordon Bajnai
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Szeged, Hungría Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Primeiro Ministro de Hungría
Período14 de abril de 2009 – actualidade
AntecesorFerenc Gyurcsány
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónCorvinus University of Budapest (en) Traducir (–1991) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, goberno, economía e negocio Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Budapest Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario, político
Partido políticoindependente
LinguaLingua húngara, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Premios


György Gordon Bajnai, nado o 5 de marzo de 1968 en Szeged (Hungría), é o actual Primeiro Ministro de Hungría. En marzo de 2009, sucedeu a Ferenc Gyurcsány despois de ter anunciada a súa dimisión, sendo Bajnai nomeado pola decisión do Partido Socialista Húngaro como Primeiro Ministro.[1]

Educación e política[editar | editar a fonte]

Bajnai medrou en Baja, Hungría. Formouse na Universidade de Ciencias Económicas de Budapest (agora Universidade Corvinus), no Departamento de Relacións Internacionais, en 1991.

Carreira empresarial[editar | editar a fonte]

Despois de concluír a súa mestría, Bajnai traballou na Creditum Financial Consulting Ltd. (onde Ferenc Gyurcsány traballaba). En 1993, fixo prácticas de empresa no Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, en Londres, e máis tarde traballou na Eurocorp International Finance Ltd. (novamente baixo a dirección de Ferenc Gyurcsány).

Entre 1995 e 2000, Bajnai foi o director executivo da CA IB Securities Co. e Vice-Presidente Executivo (ao mesmo tempo que András Simor, agora xefe do Banco Nacional de Hungría). Bajnai estivo envolvido na xestión da introdución de varias grandes empresas para a bolsa de valores.

Entre 2000 e 2005, foi Presidente Executivo de Wallis RT., unha empresa intimamente asociada co Partido Socialista Húngaro. Durante o mesmo período, foi membro do Consello de Administración de Graboplast (2001 e 2005) e de Raba (2003 e 2005), dúas empresas de Győr.

En 2003, a Asociación Nacional de Xerentes distinguiu Bajnai como o "Mozo Xestor do Ano". No mesmo ano, como presidente da Wallis, concluíu a liquidación dunha empresa chamada Hajdú-Bet, durante a cal un gran número de fornecedores sufriron grandes perdas. Durante varios anos, Bajnai foi fortemente criticado por iso.[2][3][4][5][6][7][8]

En 2005, foi presidente do Aeroporto de Budapest Inc., e membro do Comité de Fiscalización de Zwack Inc, e ademais membro do Consello Económico da Universidade Corvinus de Budapest.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Gordon Bajnai e Tzipi Livni en Xerusalén.

Bajnai recibiu o primeiro posto de traballo gobernamental en 2006, xa que o 1 de xullo, o Primeiro Ministro daquel entón, Ferenc Gyurcsány convidouno a ser o presidente da Axencia Nacional de Desenvolvemento. Logo substituíu a Mónika Lamperth no cargo ministerial do Goberno local en 2007, e despois de que o SZDSZ deixase o goberno de coalición, asumiu a carteira do recentemente formado Ministerio Nacional de Desenvolvemento Económico.

En marzo de 2009, o Primeiro Ministro Ferenc Gyurcsány anunciou que entregaría o seu posto ao político co maior apoio dos partidos do Parlamento húngaro. A Alianza dos Demócratas Libres (SZDSZ) opúxose aos candidatos propostos para o cargo polos socialistas húngaros, mais o 30 de marzo de 2009, Gordon Bajnai conseguiu obter o apoio de ambas as partes. A moción construtiva de non confianza contra Ferenc Gyurcsány tivo lugar o día 14 de abril, sendo nomeado Primeiro Ministro Bajnai ese mesmo día. O apoio público a Bajnai, como sendo o mellor Primeiro Ministro de entre unha lista de candidatos, apenas foi do 8% na véspera do seu nomeamento como candidato a Primeiro Ministro.[9] Este valor baixo permaneceu constante despois de dous meses en funcións.[10]

Primeiro Ministro[editar | editar a fonte]

O Parlamento elixiu a Bajnai como Primeiro Ministro de Hungría con 204 votos a favor e 8 abstencións. Os restantes deputados non votaron.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ferenc Gyurcsány
Primeiro Ministro de Hungría
2009 -

Sucesor:
No cargo