Saltar ao contido

Moción de confianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moción de confianza
 Subclase de
Características
 Aspecto de
 Oposto a
 Tema principal
Wikidata

Unha moción de confianza é o instrumento político do que dispón o máximo responsábel dun órgano de goberno nos réximes democráticos para afrontar unha situación de debilidade do poder executivo fronte ao Parlamento, e mediante a cal o equipo de goberno pide o expreso apoio a unha política concreta ou a un programa. A perda da moción leva xeralmente aparellada a dimisión constitucional da autoridade máxima e a elección dun novo, ben de forma inmediata ou ben tras unhas eleccións, responsábel político.

A moción de confianza resulta tamén nalgúns sistemas o contrapoder do executivo fronte a unha posíbel moción de censura.

En Galiza, unha das máis recentes e soadas mocións de confianza perdidas por un executivo e derivadas nun cambio de goberno, tivo lugar na alcaldía de Vigo durante o mandato de Ventura Pérez Mariño, do PSdeG-PSOE, ao que substituíu a a militante do Partido Popular Corina Porro.