Ferenc Gyurcsány
Ferenc Gyurcsány | |
![]() | |
29 de setembro de 2004 – 14 de abril de 2009 | |
Precedido por | Péter Medgyessy |
Sucedido por | Gordon Bajnai |
Datos persoais
| |
Nacemento | 4 de xuño de 1961 (59 anos)![]() |
Partido | Magyar Szocialista Párt |
Cónxuxe/s | Klára Dobrev |
Profesión | empresario, político |
Alma máter | Universidade de Pécs |
Ferenc Gyurcsány (pronunciado Yurchañ) é un político que foi Primeiro Ministro de Hungría dende o 29 de setembro de 2004 até o 14 de abril do 2009, e membro do MSzP (Partido Socialista de Hungría).
Biografía[editar | editar a fonte]
Carreira Política[editar | editar a fonte]
Gyurcsány naceu o 4 de xuño de 1961 en Pápa, na provincia occidental de Veszprém. En 1984 acabou os seus estudos de Maxisterio e comeza os de Economía na Universidade Janus Pannonius en Pécs, diplomándose en 1990.
Ferenc Gyurcsány comeza a súa carreira política nas xuventudes comunistas do KISZ (Kommunista Ifjúsági Szövetség) antes de converterse en vicepresidente da DEMISz (Demokratikus Ifjúsági Szövetség), a Asociación de Mozos Demócratas de Hungría que é sucesora do KISZ.
A partir da instauración da democracia en Hungría en 1990, Gyurcsány lánzase ao comercio e funda varias empresas prósperas como ALTUS que lle permiten converterse na quincuaxésima persoa máis rica do país en 1992.
Retorna á política no ano 2002 como conselleiro estratéxico de Péter Medgyessy, xefe do MSzP, primeiro partido da oposición, antigo primeiro ministro. Tras o retorno ao poder dos antigos comunistas reconvertidos o 21 de abril de 2002, Gyurcsány obtén o posto de ministro da Xuventude, dos Deportes e da Infancia. En 2004 convértese en presidente do MSzP para a rexión occidental de Győr-Moson-Sopron en xaneiro de 2004.
Primeiro Ministro de Hungría[editar | editar a fonte]
No verán de 2004, Gyurcsány oculta cada vez menos a súa ambición de alcanzar o posto de primeiro ministro e Medgyessy, tentando mostrar a súa autoridade, faille dimitir das súas funcións. En menos dunha semana, o primeiro ministro perde a confianza dun dos seus socios de gobernos gobernamentais e vese forzado a dimitir. Gyurcsány é elixido pola coalición para converterse en primeiro ministro interino o 25 de agosto e investido o 29 de setembro.
O 21 de marzo de 2009 anuncia a iniciativa dunha moción de censura construtiva contra a súa persoa e - conforme coa Constitución de Hungría - contra o seu goberno nun Congreso do MSzp celebrado en Budapest. O 14 de abril do 2009 a moción de censura foi aprobada polo Parlamento e Gyurcsány foi substituído no cargo de Primeiro Ministro polo seu Ministro de Economía Gordon Bajnai (un dos seus homes de confianza).
Ferenc Gyurcsány está casado con Klára Dobrev e ten catro fillos: Péter (n. en 1988), Bálint (1990), Anna (1996) e Tamás (1997).
Ligazón externa[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferenc Gyurcsány |
Predecesor: Péter Medgyessy |
Primeiro Ministro de Hungría 2004 - 2009 |
Sucesor: Gordon Bajnai |