Gonzalo Acosta Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gonzalo Acosta Pan
Nacemento 1889
  A Coruña
Falecemento 12 de setembro de 1936
  A Caeira
Causa Fusilamento
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Acosta Pan, nado na Coruña en 1889 e finado na Caeira (Poio) o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado do Banco Pastor. Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, foi nomeado gobernador civil de Biscaia o 13 de outubro de 1933. Despois da escisión foi candidato nas eleccións de novembro de 1933 polo Partido Radical-Socialista Independiente. En 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña e presidiu a Agrupación Municipal do partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 26 de febreiro de 1936. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi apresado, logrou fuxir nun primeiro momento, porén, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Pontevedra onde foi xulgado por traizón en consello de guerra o 8 de setembro, co resultado de sentenza a pena de morte e multa de 1000 pesetas. Foi executado no monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]