Armando Peñamaría Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Armando Peñamaría Álvarez
Nacemento1870
 A Fonsagrada
Falecemento1955
 A Fonsagrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e médico
editar datos en Wikidata ]

Armando Peñamaría Álvarez, nado na Fonsagrada en 1870 e finado na mesma vila en 1955, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como médico titular e forense da Fonsagrada ata a proclamación da Segunda República e foi presidente do Sindicato Agrícola da Fonsagrada nos anos vinte[1]. Próximo ao Partido Republicano Progresista o 30 de decembro de 1931 foi nomeado gobernador civil de Murcia. Home de confianza de Manuel Portela Valladares, o 21 de decembro de 1935 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. Foi elixido deputado centrista nas eleccións xerais de 1936 pola provincia de Lugo. Durante a Guerra civil foi detido sen mediar proceso e encarcerado no castelo de Ferrol[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Fonsagrada con María Pasarín Neira en 1921[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 9-6-1920, p. 1.
  2. "Peñamaría, una vida de leyenda". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 09 de decembro de 2016. 
  3. El Eco de Santiago, 4-5-1921, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]