Giuseppe Frassinetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Giuseppe Frassinetti
Nacemento15 de decembro de 1804
Lugar de nacementoXénova
Falecemento2 de xaneiro de 1868
Lugar de falecementoXénova
NacionalidadeReino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpresbítero
editar datos en Wikidata ]

Giuseppe Frassinetti, nado o 15 de decembro de 1804 en Xénova e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1868, foi un crego católico italiano, fundador da Congregación dos Fillos de Santa María Inmaculada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quedou orfo de nai (Angela Viale[1]) con tan 14 anos; ficou, el e mais os seus catro irmáns máis novos, ao coidado do pai e dunha tía que se mudou á casa. O pai, Giovanni Battista Frassinetti, tiña un comercio de tecidos[2].

Estudou no seminario da diocese de Xénova, onde tivo como profesor a Antonio Maria Gianelli. Ordenárono sacerdote en 1827 en Savona, e en 1831 chegou a ser o párroco de Quinto al Mare, nos arrabaldes de Xénova. Os seus outros tres irmáns homes (Francesco, Giovanni e Raffaelle[1]) tamén acabaron sendo sacerdotes, e a única irmá muller, Paola Frassinetti, que despois sería fundadora das irmás Doroteas, foi onda el para formarse. Foi precisamente na parroquia de Quinto al Mare onde Paola Frassinetti abriu a primeira escola, inicialmente no propio templo. Neses anos, con Luigi Sturla, fundou un centro de formación para os sacerdotes novos, chamado a Congregazione del Beato Leonardo.

En 1839 foi o crego da parroquia de Santa Sabina, co título de prioiro. En 1848 a "congregazione" pechou polas presións políticas e fundou sucesivamente a Pia Associazione per la conservazione ed incremento della santa Fede, centrada na participación social dos cristiáns, logo a primeira sociedade católica de Mutuo Soccorso (1854), centrada no vículo co movemento obreiro e, ao ano seguinte, en 1855, a Pia Unione delle Figlie di santa Maria Immacolata, dirixida a mulleres, e cinco anos desois, en 1860, a mesma asociación pero para homes: a Pia Unione dei Figli di santa Maria Immacolata (1855). Estes dous proxectos tiñan como finalidade preparar a homes e mulleres de familias pobres para que se ordeasen sacerdotes ou monxas, respectivamente.

En 1903 estes proxectos abrocharían na orde da congregación dos Fillos de Santa María Immaculada, ben logo do pasamento de Frassinetti.

O seu proceso de canonización comezou en Génova en 1916 e en 1991 o papa Xoán Paulo II atribuíulle o título de venerable.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Servo di Dio Giuseppe Paolo Frassinetti". Santiebeati.it. Consultado o 2021-09-03. 
  2. Chini, Riccarda. Paula Frassinetti: Un don de Dios. Doroteas.