Paola Frassinetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paola Frassinetti
Paola frassinetti.jpg
Nacemento3 de marzo de 1809
 Xénova
Falecemento11 de xuño de 1882
 Roma
Causapneumonía
NacionalidadeReino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrelixiosa cristiá e monxa
editar datos en Wikidata ]

Paola Frassinetti, nada o 3 de marzo de 1809 e finada o 11 de xuño de 1882, foi unha relixiosa italiana fundadora da congregación das Irmás de Santa Dorotea. Unha muller sinxela ao ollos do mundo, unha moza sen cultura que foi elixida por Deus para espertar na igrexa un novo formato que presentase á xuventude os valores pedagóxicos do Evanxeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e foi bautizada o 3 de marzo de 1809 en Borgo Lanaioli, un barrio do centro de Xénova (Italia).

Quedou orfa de nai con tan só 9 anos . Creceu e viviu nunha época na que o choque entre ideoloxías antigas e novas era forte e violento.

Aprendeu do seu pai Giovanni Battista Frassinetti, un home chapado á antiga que tiña un comercio de tecidos, e dos seus catro irmáns, sobre todo do máis maior José.

Adicouse a educar ás mozas para que se convertisen en mulleres e cristianas.

A súa adolescencia pasouna na casa, entre tarefas domésticas e algunhas instruciós do seu pai.

Máis tarde, confiará á súa propia familia relixiosa na tarefa de reavivar aos pais cristiáns o interese pola educación moral e relixiosa dos seus fillos.

Na parroquia[editar | editar a fonte]

O seu irmán José foi ordeado sacerdote en 1827 , aos 22 anos. Paola tiña 18 anos .

Don José, nomeado párroco de Quinto, un alegre e pequeno pobo da costa ligur, non se desanimou coa degradación moral e relixiosa daquela xente e pensou que a súa irmá podería ser de valiosa axuda para el .

O pai consitua de mala gana , pensando só na fráxil saúde de Paola , que sen dúbida se beneficiaría dese cambio de escenario.

Xunto co seu irmán, abriu unha escola para nenas pobres, alí Paola revelou todas as calidades dunha boa educadora dedicación, sagacidade, intuición , paciencia, tacto, bondade, intelixencia e un gran corazón.

As amigas[editar | editar a fonte]

As mozas da vila querían coñecer á irmá do párroco. Unha delas chamábase Mariana Danero , o seu intento tivo éxito e as dúas acordaron reunirse todos os domingos e dar un paseo polo próximo Monte Moro. Así é como comezaron unha amizade que duraría para toda a vida.[1]

Pouco a pouco outras mulleres novas foron unindose a elas nos seus paseos dominicais.

O estar xuntas e practicar tantas actividades, fixo que todas tiveran o mesmo desexo: coñecer a Cristo, para continuar a súa misión no mundo e contribuír a que a humanidade fose mellor.

Unha intuición[editar | editar a fonte]

Paula cría na posibilidade da muller de contribuír á transformación da sociedade.

Naquel final do século XIX, a situación da muller cambiara. Ela gozaba de maior liberdade de movementos e de acción, pero esta conquista podía resultar na súa contra si permanecía na situación de atraso cultural e relixioso en que se atopaba.

Era necesario darlle unha preparación humana e cristiá que lle permitise inserirse, con sentido crítico, no seu tempo, e fixésea capaz de asumir novas tarefas.

Paula e as súas amigas non tiñan o dote requirido para entrar nos mosteiros. Elas non querían vivir illadas querían compartir en pobreza evanxélica e amizade.

Elas querían constituír un grupo no que puidesen levar unha vida apostólica, pero conveniente para a muller.[1]

Os primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Paula e as súas compañeiras, baixo a dirección do seu irman José, quen lles transmitiu as grandes dificultades ás que terían que enfrontarse, empezaron un período de preparación para a súa futura vida xuntas.[1]

Camiñar xuntas[editar | editar a fonte]

No pobo as actuacións das xóvenes causaban estrañeza. Isto causou que algunhas persoas empezasen a facer comentarios non agradables, e deu a que algunhas das xóvenes se retirásen.

Don José tentou convencer moitas veces á súa irmá para que acabase co proxecto, pero ela non tremía ás dificultades.

Máis adiante, de común acordo, decidiron proseguir o camiño iniciado. Don José, ao ver a firmeza da súa irmá decidiu volver á axudala[1].

Un día luminoso[editar | editar a fonte]

Na igrexa de Santa Clara e San Martin de Albaro as xóvenes comprometéronse a axudar máis e mellor as persoas.

[1]Comezando así a historia dun grupo de xóvenes que se entregaban ao servizo dos demais para axudarlles a sair da súa situación de inferioridade e explotación na que se encontraba. Moi pronto alquilaron unha casa coa axuda de amigos e deseguido abriron unha escola para nenas pobres, onde acolleron algunhas orfas, malia todo o sitio era moi pequeno para acollelas a todas e moitas non soportaban o ritmo daquela vida xunto coa austeridade, pero se algunhas se retiraban outras se incorporaban.

Algunhas das xóvenes despois de ser alumnas decidían entregarse ao Señor para compartir a misión das súas educadoras. Permaneceron fieis ata o final Mariana Danuro e Teresa Albino.

As irmás de Santa Dorotea[editar | editar a fonte]

No ano 1835, Don Lucas Passi, un sacerdote amigo de Don José, pasou por Quinto e encontrouse con Paula.

Propúxolle asumir a obra que el estaba difundindo por toda Italia e que tiña por obxectivo formar as xóvenes pobres e necesitadas.

Compartía a centralidade da parroquía, a súa organización sólida e equilibrada, e na colaboración doutras xóvenes, que debían ser formadas, veía un excelente medio para chegar ata aquelas que se quedaban illadas.[1]

Aceptou a proposta de Don Lucas e cambiou o nome do grupo polo de "Irmás de Santa Dorotea", segundo o nome da obra que fixeran.

Novos Orizontes[editar | editar a fonte]

Foi tamén un amigo, Don Luis Sturla, quen lle propuxo dirixir unha escola de cativas pobres que abrira en Xénova no barrio de San Teodoro.Reunida cas súas compañeiras, consensuaron que irían Marina Danero e Teresa Albino.[1]

No ano 1935 as compañeiras de Paula separáronse da célula nai para formar unha nova. Así iniciábase un proceso que levaría por varios continentes o don que Paula posuía.

No ano 1841 separouse da súa terra, do seu pai, dos seus irmáns e amigos.

Durante o seu camiño atopou moitas dificultades pero superounas todas grazas ao amor pola súa relixión.

Partiu aos 32 anos con dúas compañeiras máis pequenas ca ela e con plena confianza en Deus.[1]

En Roma[editar | editar a fonte]

En Roma, Paula e as súas compañeras probaron a pobreza.

Isto non impediu a Paula facer o ben e establecer a obra de Santa Dorotea en sete parroquias. Coas súas compañeras ensinaba catecismo e daba un poco de escola naquela casa. Paula, confirmaba a súa preferenza polas nenas pobres, as que definía como ” pura imaxe de Deus, sen marco”.[1]

Nunha época na que as diferenzas de clases carazterizaban a toda a sociedade, tratou de acercar dun modo informal as nenas para que se aportasen axuda mutua.

Nunha casa máis ampla que estaba cerca de Santa María Maior, abreu un internado. Máis tarde trasladouse a Saliña de S.Onofre, onde o Papa Pío IX encargáralle que transformase nun internado a casa de acollida que alí se encontraba.

Ardor apostólico e sufrimentos[editar | editar a fonte]

No 1849, as irmás de Xénova foron dispersas, pecháronse algunhas casas do Estado Pontificio, e ameazouse as de Roma e a vida de Paula.

No medio das contradiccións do rexurxir nacionalista, sufriu con Pío lX, quen malia todo non negou a súa axuda garibaldinos que loitaban no Gianícolo.

No 1866 Paula acepta o risco de enviar algunhas irmás a Brasil. Nese ano, tamén envía irmás a Portugal, onde, por causa do réxime político foran suprimidas todas as Cogregacións relixiosas.

As irmás vestíronse de seglar e traballaron de incógnito.[1]

O 11 de xuño de 1882 falece en Roma á idade de 73 anos deixando 21 casas e 369 irmás.

Paula continúa...[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 1891 iniciase o Proceso ordinario sobre a súa fama de santidade.

O 20 de marzo de 1906 o seu corpo é exhumado e atopado incorrupto e flexible. Actualmente está depositado en Roma, na Casa Xeral, Salita de Sant'Onofrio,38.

No ano 1910 a ráfaga revolucionaria dispersa ás irmás de Portugal, obrigadas a abandonar o país.

O 8 de xuño de 1930 é beatificada polo Papa Pío Xl.

O 11 de marzo de 1984 é declarada Santa polo Papa Juan Pablo ll.

Na actualidade[editar | editar a fonte]

Neste momento en España as Irmás de Santa Dorotea teñen casas en :

Almería - Avilés (Asturias)

Pazo de Gallegos e Santiago de Compostela (A Coruña)

Guadix (Granada)

Leganés e Frassinetti (Madrid)

Villafranco do Guadalhorce (Granada)

Venta de Baños (Palencia)

Tui, Atalaia, Villa Paula e Vilanova de Arousa (Pontevedra)

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Chini, Riccarda. Paula Frassinetti: Un don de Dios. Doroteas.