Saltar ao contido

Gisele Bündchen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGisele Bündchen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Gisele Caroline Bündchen Editar o valor en Wikidata
20 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Três de Maio[1]
Embaixador da Boa Vontade (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York
Os Ánxeles
Porto Alegre
Cambridge
São Paulo
Boston Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoGermano-brasileiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo cultural (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso57 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo (1997–), empresaria, runway model (en) Traducir, escritora, ecoloxista, actriz, modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVictoria's Secret
IMG Models
C&A
Pantene (pt) Traducir
Elite Model Brasil (pt) Traducir
Chanel
Falabella (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteIMG Models Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de abril de 2022Crypto Bahamas 2022
Reto do balde de xeo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTom Brady (2009-presente) Editar o valor en Wikidata
ParellaTom Brady (2006–2008)
Leonardo DiCaprio (2000–2005) Editar o valor en Wikidata
Fillos2 Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgiselebundchen.com.br Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1014528 Allocine: 93698 Allmovie: p375155
Facebook: Gisele Twitter: giseleofficial Instagram: gisele MySpace: giselebundchen TikTok: gisele Musicbrainz: ca1b9595-001e-4c03-99b2-485593f08aeb Discogs: 3462230 WikiTree: Bündchen-1 Editar o valor en Wikidata

Gisele Caroline Bündchen,[2] nada en Três de Maio (Río Grande do Sur) o 20 de xullo de 1980, é unha actriz e modelo de fotografía, de pasarela, e de publicidade brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ós trece anos de idade, Gisele foi descuberta por un axente de modelos de Dilson Stein cando estaba comendo nun restaurante de McDonalds. Cando a entrevistaron, ela aclarou que non sabía nada do mundo das modelos e que non lle gustaba.

En agosto dese mesmo ano, unha axente persuadiu a Gisele con enganos para que saíse dun partido de voleibol e fose a un concurso de modelos. Gisele logrou ser unha das cinco finalistas, que foron convidadas por Dilson Stein, xunto con outras rapazas, a outro importante concurso en São Paulo, organizado por Elite do Brasil e que se celebraría en maio de 1994, para presentalas ós axentes. No concurso obtivo o segundo lugar, perdendo ante Claudia Menezes. Gisele participou no concurso mundial de Elite e quedou no cuarto lugar, e no sexto noutra versión. Os axentes facían crítica do seu grande nariz.

Sendo unha adolescente, Gisele mudouse a Nova York para debutar na Fashion Week, onde tivo moito éxito e foi aceptada inmediatamente no mundo das modelos.

Dende os seus comezos, Gisele traballou para Valentino, Zara, Yves Saint Laurent, Bvlgari, Tommy Hilfiger, Chloe, Celine, Versace, Christian Dior, Michael Kors, Ralph Lauren, Victoria's Secret, Colcci, Vero Moda, Nivea, Apple e Dolce & Gabbana. Tamén apareceu nas revistas: Allure, Marie Claire, Vogue, Vanity Fair, Harper’s Bazaar, Arena, Time, Newsweek, Forbes e Rolling Stone. No 2000 converteuse na cuarta modelo da historia desta última revista en aparecer na portada, e foi nomeada "a rapaza máis fermosa do mundo" e "modelo do ano" pola publicación.[3]

Fashion Rio Verão 2007.

A pesar de estar por debaixo do seu peso normal, a figura de Gisele considérase voluptuosa para o mundo da moda. O seu busto foi cualificado pola Us Weekly como "perfecto", superando a modelos como Heidi Klum ou Adriana Lima.

No ano 2000, os seus ingresos anuais foron de oito millóns de dólares, gañando entre 7 e 15 mil por hora de traballo. Foi declarada a modelo máis ben pagada do mundo, gañando trinta millóns de dólares entre xuño de 2005 e xuño de 2006. A súa fortuna persoal está avaliada en 150 millóns de dólares, aparecendo no Libro Guinness dos Récords como a modelo máis rica do mundo".[4]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Gisele Bundchen". Fashion Model Directory. 2012. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  2. "Biggest Stars". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. Consultado o 15 de xullo de 2008. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2007. Consultado o 16 de xullo de 2007. 
  4. [1] accessed 2007-06-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]