Germán Labrador Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Germán Labrador Méndez
Germán Labrador Méndez.jpg
Nacemento3 de decembro de 1980
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca, Universidade de Paris-Sorbonne, Universidade de California en Berkeley e Universidade de Nova York
OcupaciónCátedra universitaria
editar datos en Wikidata ]

Germán Labrador Méndez, nado en Vigo en o 3 de decembro de 1980, é un profesor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nacido en Vigo, a familia residiu en Pontevedra desde 1984, onde estudou o bacharelato no instituto público Valle Inclán. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Románica na Universidade de Salamanca, especializándose en Literatura Española e Latinoamericana en Salamanca e na U. Paris IV-La Sorbonne[1], U. de Berkeley e a Universidade de Nova York.[2][3] Poéticas e imaginarios de la transición española campo, discursos, fracturas é a súa tese de doutoramento na U. de Salamanca (2008), dirixida polo profesor Fernando Rodríguez de la Flor Adánez.[4]

Comezou de profesor en España e na Universidade de Hamburgo. En 2008 pasou a exercer a docencia e investigación na Universidade de Princeton (EEUU) no Departamento de Español e Portugués, sendo xa "Professor" en 2019.[5]

As súas investigacións céntranse na España Moderna e Contemporánea: poesía, movementos sociais e culturas urbanas, memoría histórica...[1]; unindo estética e política busca recuperar voces e proxectos esquecidos da historia ibérica moderna.[6]

En Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2009) estuda un grupo de poetas clandestinos españois que utilizaron unha literatura ‘drogada’ na simbolización da experiencia histórica. Desde as utopías psicodélicas de 1968 ata a mortal propagación do consumo de heroína nos aos oitenta. En Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (2014) analiza os intentos das contraculturas españolas por superar a democracia de baixa intensidade post-franquista a través da biotecnoloxía e o activismo nos anos setenta. Comezou a preparar unha escolma de poetas antifranquistas, Muerto el perro, se acabó la rabia. 25 poetas de metro de la transición española e unha edición crítica de Los muertos de José Luis Hidalgo, poemas publicados na dictadura, que denuncian la existencia de fosas comúns no franquismo.[7]

Leva publicado en numerosas revistas: Grial: revista galega de cultura[8][9], Artes del ensayo: Revista internacional sobre el ensayo hispánico, Revista de letras y ciencias humanas, Revista hispánica moderna, Turia: Revista cultural, Kamchatka: revista de análisis cultural, HIOL: Hispanic Issues On Line, Hispanic review, Estudios humanísticos. Filología, Dieciocho: Hispanic enlightenment, CiberLetras: revista de crítica literaria y de cultura, Cuadernos del minotauro, Estudios portugueses: revista de filología portuguesa, Hesperia: Anuario de filología hispánica, Revista de Occidente...[10]

Foi un dos comisarios da Exposición Poéticas de la democracia. Imágenes y contraimágenes de la Transición (2018-2019) no Museo Raíña Sofía de Madrid.[11]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2009). Madrid: Devenir. 504 páxs. ISBN 978-84-96313-73-6.[12]
  • Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986) (2014). Madrid: Siglo XXI/Akal. 2ª ed. 2017. 672 páxs. ISBN 978-84-460-4431-4.[13][14]
  • "Que traballo común é a memoria. Arte e resistencia na Galiza de posguerra: unha introdución ao caso José Meijón" (2019), en Grial LVII, nº 222, abril/maio/xuño.[15]

Colaboracións en obras colectivas.[editar | editar a fonte]

  • Praestans labore Victor: homenaje al profesor Víctor García de La Concha (2005). Coord. por Javier San José Lera. ISBN 84-7800-490-4. Páxs. 309-326: "Mártires de Marte: las escrituras del ejército en la poesía transicional española".
  • Literatura actual en Castilla y León: actas del II Congreso de Literatura Contemporánea (2005). Coord. por José María Balcells. ISBN 84-8183-146-8. Páxs. 398-405: "Primavera pródiga en Cicuta: parafarmacia, civilización y memoria en la obra poética de Aníbal Núñez".
  • En teoría hablamos de literatura (2007). ISBN 978-84-96677-01-2. Páxs. 89-96: "Culpables por la literatura. Biopolítica de la lectura y quijotismo en la Transición Española" (Libro completo)
  • La literatura, la iglesia y el reino de este mundo: estudios de literatura española contemporánea ( 2007). Coord. por Fidel López Criado. ISBN 84-9812-054-3. Páxs. 261-269: "El infierno de tu gloria. Mística y drogas en la poesía underground de la transición española".
  • Lectores, ediciones y audiencia: la recepción en la literatura hispánica (2008). Coord. por María Cecilia Trujillo Maza. ISBN 978-84-96915-26-8. Páxs. 267-273: "Jóvenes, lectores y poetas en la España de 1975: la biblioteca de Aníbal Núñez". (Libro completo)
  • Contornos de la narrativa española actual (2000-2010): un diálogo entre creadores y críticos (2011). Coord. por María del Palmar Álvarez Blanco, Toni Dorca. ISBN 978-84-8489-551-0. Páxs. 121-130: "Historia y decoro: Éticas de la forma en las narrativas de memoria histórica".
  • El Quijote y la música en la construcción de la cultura europea (2018). Begoña Lolo (ed. lit.). ISBN 9788483446812. Páxs. 187-220: "Pinocho vuelto Quijote. El tercer centenario del Quijote y la moderna poética de la nación, a partir de la circulación española de la figura de Pinocho (1905-1923)".
  • Memoria(s) en transición: voces y miradas sobre la Transición española (2018). Françoise Dubosquet Lairys (ed. lit.), Carmen Valcárcel (ed. lit.). ISBN 9788498952056. Páxs. 61-81: "Forma y memoria. La configuración del imaginario de la transición española y sus mutaciones estético-políticas".
  • Carta (s). Economía libidinal de la transición (2018). Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia. 82 páxs. ISBN 9788480265850. (Contén unha conversa de Amador Fernández-Savater con Germán Labrador Méndez sobre o seu libro Culpables por la literatura (imaginación política y contracultura, 1968-1986).).[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Germán Labrador Méndez. Spanish and Portuguese". spo.princeton.edu (en inglés). Consultado o 2019-07-01. 
  2. "Germán Labrador Méndez :: DEVENIR.". www.devenir.es (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  3. "Germán Labrador Méndez. Formes de transició. Accionisme, arts col·lectives i ciutadania davant la democràcia per vindre — EACC — Espai d'art contemporani de Castelló". www.eacc.es (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  4. Labrador Méndez, Germán (2008). "Poéticas e imaginarios de la transición española: campo, discursos, fracturas" (en castelán). Universidad de Salamanca. 
  5. "Germán Labrador Méndez – Siglo XXI Editores". www.sigloxxieditores.com (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  6. "Germán Labrador Méndez – Akal". www.akal.com. Consultado o 2019-07-01. 
  7. zoe.dekerangat. "Germán Labrador Méndez – Las políticas de la memoria" (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  8. Méndez, Germán Labrador (2016). "Unha volta á Guerra Civil en oitenta anos e unha crise: sobre a necesidade despois de 2008 de novos relatos cidadáns da guerra do 36". Grial: revista galega de cultura 54 (Extra 212): 36–45. ISSN 0017-4181. 
  9. Méndez, Germán Labrador (2005). "Notas sobre a recuperación de memoria e a exposición O lado da sombra: Galicia under". Grial: revista galega de cultura (167): 133–137. ISSN 0017-4181. 
  10. "Germán Labrador Méndez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  11. "Poéticas de la democracia Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía". www.museoreinasofia.es (en castelán). Consultado o 2019-07-02. 
  12. "letras-arrebatadas - Devenir Ensayo :: DEVENIR.". www.devenir.es. Consultado o 2019-07-01. 
  13. "Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986) - Akal". www.akal.com (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  14. "Archivo de la Frontera. Germán Labrador Méndez: Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986), en editorial Akal". archivodelafrontera.com (en castelán). Consultado o 2019-07-01. 
  15. Labrador Méndez, Germán (Abril, maio, xuño 2019). "Que traballo común é a memoria". Grial LVII (222): 34–53. ISSN 0017-4181. 
  16. "Actividad - Carta(s). Economía libidinal de la transición - Con la participación de Manuel Borja-Villel, Amador Fernández-Savater, Concha Jerez y Germán Labrador Méndez". www.museoreinasofia.es (en castelán). Consultado o 2019-07-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]