Georges Prêtre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1924 Waziers, Francia |
Morte | 4 de xaneiro de 2017 (100 anos) Navès, Francia |
Outros nomes | Georges Dhérain |
País de nacionalidade | Francesa |
Educación | Conservatorio de París Regional Conservatoire of Douai (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | Director de orquestra |
Período de actividade | 1946 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Maurice Duruflé |
Alumnos | Vannina Santoni (pt) |
Selo discográfico | EMI |
Participou en | |
3 de xuño de 2006 | Athens Epidaurus Festival (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Suzanne Lefort |
Fillos | Isabelle Prêtre |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Georges Prêtre, nado en Waziers, Departamento de Norte o 14 de agosto de 1924 e finado en Navès, Mediodía-Pireneos o 4 de xaneiro de 2017[1][2] foi un director de orquestra francés.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou harmonía con Maurice Duruflé e dirección con André Cluytens, entre outros, no Conservatorio de París. Despois de graduarse, dirixiu en varias compañías de ópera menores en Francia (ás veces baixo o nom de plume de Georges Dherain) antes de realizar o seu debut en París na Opéra-Comique con Capriccio de Richard Strauss. O seu debut na Royal Opera House, Covent Garden chegou en 1961, coas súas primeiras aparicións na Metropolitan Opera, Nova York, e o Teatro alla Scala, Milán, a fins dos anos 1960. Traballou con Maria Calas en varias ocasións, e realizou gravacións de Carmen e Tosca con ela, sendo o seu director musical favorito. Por un tempo foi director musical da Ópera de París.
Ademais da ópera, Prêtre foi moi coñecido polas súas interpretacións de música francesa. Estivo especialmente asociado con Francis Poulenc, estreando a súa ópera La voix humaine na Opéra-Comique en 1959, nas súas Sept répons des ténèbres en 1963. En 1999 deu unha serie de concertos en París para celebrar o centenario do nacemento de Poulenc. En 2008, á idade de 83 anos, converteuse no primeiro director francés e o máis lonxevo en dirixir o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker, coñecido mundialmente e seguido por millóns de persoas, marca que bateu el mesmo en 2010 ao dirixilo con 85 anos.
Georges Prêtre faleceu o 4 de xaneiro de 2017 aos 92 anos de idade por causas naturais.[2]
Distincións
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe incompleta das súas condecoracións e distincións:
- Oficial da Orde Nacional da Lexión de Honor (2009)
- Europa Prize (1982)
- Victoire de la Musique (ao mellor director, 1997)
- Austrian Cross of Honour for Science and Art, 1st class (2004)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Falleció el director de orquesta francés Georges Prêtre a los 92 años»". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Mort du grand chef d’orchestre français Georges Prêtre". 4 January 2017. Consultado o 4 January 2017 – vía Le Monde.
- ↑ "Georges Prêtre". Consultado o 4 January 2017.