Saltar ao contido

George E. Roberts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge E. Roberts

George E. Roberts en 1903
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1898-1907 e 1910-1914)

Biografía
Nacemento(en) George Evan Roberts Editar o valor en Wikidata
19 de agosto de 1857
Colesburg.
Iowa.
Morte6 de xuño de 1948 (90 anos)
Larchmont.
Nova York.
Lugar de sepulturaOakland Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
1910 – 1914
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
1898 – 1907 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Actividade
OcupaciónEditor, editor, político, banqueiro e director da US Mint
Premios

WikiTree: Roberts-54443 Find a Grave: 63423410 Editar o valor en Wikidata
Membro de:
American Statistical Association.
United States Assay Commission.

George Evan Roberts, nado en Colesburg (Iowa) o 19 de agosto de 1857 e finado en Larchmont (Nova York) o 6 de xuño de 1948, foi un xornalista, editor, político e banqueiro estadounidense, que exerceu o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1898 e 1907, e novamente de 1910 a 1914.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primieiros anos

[editar | editar a fonte]

George E. Roberts naceu en Colesburg (Iowa) o 19 de agosto de 1857, fillo de Mary Harvey e de David Roberts, e pasou a súa infancia entre Dubuque, Manchester, e Fort Dodge, no mesmo Estado de Iowa.[1]

Xornalista e editor

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa actividade laboral na industria xornalística traballando como aprendiz do impresor do xornal Times, Fort Dodge, e posteriormente colaborou co Messenger, da mesma cidade. Durante pouco tempo, exerceu tamén como editor local do Sioux City Journal. En 1878 adquiriu o Messenger e converteuse no seu editor.[1]

Roberts era un membro activo do Partido Republicano de Iowa. En 1883 foi elixido como impresor do Estado de Iowa, posto que mantivo ata 1889. En 1902, el e un socio adquiriron as cabeceiras Iowa State Register e Des Moines Leader, que posteriormente fusionaron para dar lugar á publicación Des Moines Register and Leader.[1]

Economista e político

[editar | editar a fonte]

Como editor de xornais, Roberts estaba especialmente interesado na política económica e monetaria e amosábase contrario á política de cuñaxe ilimitada da prata. Sobre política monetaria publicou diversos traballos, como Coin at School in Finance (1894), Money, Wages and Prices (1895) e Iowa and the Silver Question (1896); estas dúas últimas foron unha parte importante da campaña que derrotou a William Jennings Bryan nas eleccións presidenciais estadounidenses de 1896. En 1902, Roberts foi o creador da plataforma do Partido Republicano de Iowa sobre aranceis que criticaba o proteccionismo e apoiaba a reciprocidade.[1]

Director da US Mint

[editar | editar a fonte]
Medalla da US Mint (1898) na honra de George E. Roberts, deseñada por Charles E. Barber.

En 1898, o secretario do Tesouro dos Estados Unidos, Lyman J. Gage, recomendoulle ao presidente William McKinley que nomease a Roberts como novo director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), para substituír a Robert E. Preston. Roberts ocupou este posto durante dous mandatos, desde febreiro de 1898 ata xullo de 1907, xa que en 1903 foi confirmado no cargo polo novo presidente, Theodore Roosevelt. Ao final deste período foi nomeado presidente do Commercial National Bank en Chicago.[1]

En xullo 1910, o presidente William Howard Taft nomeou a Roberts para un terceiro mandato como director da ceca pública estadounidense, que exerceu ata novembro de 1914.[1][2]

Banqueiro

[editar | editar a fonte]
George E. Roberts en 1913.[3]

Ao abandonar definitivamente o servizo na Administración en 1914, George E. Roberts retornou á banca, inicialmente como asistente do presidente do National City Bank en Nova York e a partir de 1919 como vicepresidente, condición que mantivo ata 1931, cando pasou a ser un dos asesores económicos da entidade, ata o seu falecemento en 1948.[1]

Mais Roberts non abandonara a súa paixón polo munco editorial e entre 1914 e 1940 compaxinou a súa dedicación á banca coa edición de Monthly Economic Letter, un boletín de investimentos que trataba dos asuntos económicos e financeiros a nivel internacional. En 1929 encabezou unha delegación de financeiros estadounidenses a Panamá. Tamén foi membro da Delegación do Ouro do Comité Financeiro da Sociedade de Nacións, entre 1930 e 1932.[1]

En 1916 foi elixido membro da Asociación de Estatística dos Estados Unidos.[4]

Roberts finou na súa casa de Larchmont, no Estado de Nova York, o 6 de xuño de 1948.[1] Foi soterrado no cemiterio Oakland, en Fort Dodge, Iowa.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mohr, P. A. (2009). "Roberts, George Evan". En The Biographical Dictionary of Iowa. University of Iowa Press.
  2. "George Evan Roberts. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 143-145.
  3. "Roberts, George Evan. Director of the Mint, 1898-1907, 1910". Library of the Congress.
  4. "Fellows of the ASA". American Statistical Association.
  5. "George Evan Roberts". Find a Grave.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Robert E. Preston
A. Piatt Andrew

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1898 - 1907
1910 - 1914
Sucesor:
Frank A. Leach
Robert W. Woolley